Heurística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''heurística''' é unha forma de [[Traballo (socioloxía)|traballar]] para resolver os problemas, [[Aprendizaxe|aprender]], ou facer [[Descubrimento|descubrimentos]] que usa [[Método científico|métodos]] prácticos, que non garante unha solución ideal ou perfecta, aínda que suficiente para os obxectivos inmediatos. Deste xeito é posible obter resultados aceptables nun [[tempo]] máis curto, e neste sentido pode ser considerado como atallo simplificador. Son exemplos deste método as estimacións fundamentadas, aproximacións, opinións intuitivas, o sentido común e a categorización.
 
A heurística é un trazo característico do [[ser humano]]. Dende este punto de vista, pode ser descrito como ''a arte e a ciencia do descubrimento e a invención'', ou de resolver problemas a través da [[creatividade]] e o [[pensamento lateral]] ou pensamento diverxente.
 
A [[etimoloxía]] de "heurística" é a mesma que a da palabra ''[[eureka!]]'', a exclamación que é atribuída a [[Arquímedes]] nun episodio tan famoso como apócrifo. A palabra "heurística" aparece en máis dunha categoría [[Gramática|gramatical]]. Cando se usa como un [[substantivo]], que identifica a [[arte]] ou a [[ciencia]] de descubrimento e unha disciplina que pode ser investigado formalmente. Cando aparece como un [[adxectivo]], refírese a máis cousas específicas, tales como ''estratexias heurísticas'', regras ''heurísticas'' ou [[siloxismo]]s e ''conclusións heurísticas''. É evidente que estes dous usos están intimamente relacionados, xa que a heurística é xeralmente proposta de estratexias heurísticas que guía o descubrimento.