Escola filosófica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Moedagalega (conversa | contribucións)
*Guillermo > Guillerme (en nobres europeos non casteláns).
Liña 35:
* [[Escola de Oxford]]: Nome dun grupo de académicos medievais da [[universidade de Oxford]], ligados á orde [[Franciscanos|franciscana]], dentro do marco da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]] tardía.
* [[Escola de París (filosofía)]]: Grupo de filósofos do [[século XIV]] que tomaron o relevo dos da [[escola de Oxford]]. Caracterizouse por soster o [[nominalismo]] e mostrar un grande interese por cuestións de [[lóxica]], nalgúns casos, pola filosofía da natureza, ou simplemente a [[física]], moitos deles.
* [[Escola de San Vítor]]: Escola [[teoloxía|teolóxica]] e filosófica da Idade Media, con sé na [[Abadía de San Vítor]], fóra dos muros de [[París]]. A súa creación atribúese ao célebre teólogo e profesor [[catedral]]icio da [[Catedral de Notre Dame]] de [[París]] [[GuillermoGuillerme de Champeaux]] quen, tras ser derrotado por [[Pedro Abelardo|Abelardo]] nunha discusión derivada das súas teorías sobre [[Problema dos universais|os universais]],<ref>Hirschberger, 1991, páx. 347</ref> retirouse a esa Abadía, que xa era unha escola claustral, onde segundo parece estivo ensinando desde [[1108]] até [[1113]].<ref>[http://ec.aciprensa.com/a/abadiasanvictor.htm VV.AA. (1913): ''Enciclopedia católica''. ''La Abadía de San Víctor'']</ref> Entre os seus membros, tamén coñecidos como "[[San Vítor|vitorinos]]", figuran algúns dos máis importantes filósofos [[mística|místicos]] da época, como [[Hugo]] e [[Ricardo de San Vítor]]. Estaba formada por [[cóengo]]s que seguían a regra de [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]] e dependía da [[Abadía de San Vítor de Marsella|San Vítor en Marsella]].<ref>Fraile, 1986, páx. 471</ref> De aí a influencia do pensamento de Santo Agostiño e o seu método no pensamento da escola. Ademais ensinábanse as disciplinas que conformaban o ''[[trivium]]'' e outras non relixiosas que, naquela época, algúns pensadores e correntes teolóxicas consideraban inútiles.<ref>{{cita web|url=http://www.hildegardadebingen.com.ar/Contexto3.htm|título= Las escuelas urbanas y los maestros|dataacceso=8 de outubro de 2010}} {{es}}</ref>
* [[Escola franciscana de París]]: Grupo de [[teólogo]]s e [[filósofo]]s [[franciscanos]] que rivalizaban cos [[dominicos]] en influencia na [[Universidade de París]], e que durante o [[século XIII]] exerceron unha influencia notábel no pensamento cristián, sobre todo desde á súa oposición ao [[Tomé de Aquino|tomismo]] e a súa aceptación das opinións de [[San Bonaventura]], que parte dos escritos de [[Agostiño de Hipona]]. Entre os membros desta escola destacan [[Guillerme de la Mare]], [[Mateo de Acquasparta]], [[Guillerme de Melton]] e o propio [[Bonaventura de Fidanza]].
* [[Averroísmo]]: Este termo aplícase a dúas tendencias filosóficas da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]], desde finais do [[século XIII]]. A primeira delas estaba baseada nas interpretacións do [[Aristóteles|aristotelismo]] polo [[filosofía islámica|filósofo árabe]] [[Averroes]] (Ibn Rushd) e o seu intento de concilialo co [[Islam]]. Os filósofos cristiáns á súa vez aplicaban estas ideas aos escritos de Aristóteles para facer o propio co [[Cristianismo]]. Ademais de Averroes, os principais autores involucrados no movemento averroísta foron [[Siger de Brabante]] e [[Boecio de Dacia]]. As principais ideas do primitivo concepto filosófico averroísta —tal como se encontra nos comentarios de Averroes a Aristóteles— eran: