Bioma: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
texto traducido desde a wiki .es:Bioma |
||
Liña 1:
[[Ficheiro:Vegetation-no-legend.PNG|300px|Biomas terrestres clasificados segundo a vexetación|alt=Biomas terrestres clasificados segundo a vexetación.|miniatura]]
Un ''' bioma''' (dos grego «bios», vida), tamén chamado '''paisaxe bioclimática''' ou '''áreas bióticas''' (e que non debe confundirse cunha [[ecozona]] ou unha [[ecorrexión]]), é unha determinada parte do planeta que comparte o clima, flora e fauna. Un bioma é o conxunto de [[ecosistema]]s característicos dunha zona bioxeográfica que está definido a partir da súa vexetación e das especies animais que nel predominan. É a expresión das condicións ecolóxicas do lugar no plano rexional ou continental: o clima e o chan determinarán as condicións ecolóxicas ás que responderán as comunidades de plantas e animais do bioma en cuestión.
En función da latitude, a temperatura, as precipitacións e a altitude, en definitiva, e das características básicas do clima, pódese dividir a terra en zonas de características semellantes; en cada unha desas zonas desenvólvese unha vexetación ([[fitocenose]]) e unha fauna ([[zoocenose]]) que cando están relacionadas, definen un bioma, que comprende as nocións de comunidade e a interacción entre chan, plantas e animais.
{{Control de autoridades}}▼
Hai diferentes sistemas para a clasificación de biomas, que en xeral adoitan dividir a terra en dous grandes grupos — biomas terrestres e biomas acuáticos-, cun número non demasiado grande de biomas. A escala planetaria, a [[selva tropical]] densa, a [[sabana]], a [[Estepa (bioma)|estepa]], os [[Bosque temperado|bosques temperados]] e a [[ tundra]], son os grandes biomas que caracterizan a biósfera e que teñen unha repartición zonal, é dicir, que non superan certos valores latitudinais. A escala rexional ou continental, os biomas son difíciles de definir, en parte porque existen diferentes patróns e tamén porque as súas fronteiras adoitan ser difusas (véxase o concepto de [[ecotono]]).
Os biomas a miúdo son coñecidos polos seus nomes locais. Por exemplo, un bioma de [[herba]]is coñécese como [[pradería]] en América do Norte, sabana en África, estepa en [[Asia]], [[Rexión pampeana|pampa]] en Suramérica e [[ veld]] en Suráfrica.
Os biomas terrestres son descritos pola ciencia da [[bioxeografía]]. Por extensión, fálase de microbioma para designar a esfera da vida microbiota.
O concepto de bioma non debe confundirse con outros conceptos similares como o de ecozona —grandes extensións da superficie da terra onde as plantas e os animais desenvólvense en relativo illamento durante longos períodos de tempo, separados uns doutros polas características xeolóxicas, tales como océanos, grandes desertos, altas montañas ou cordilleiras, que forman barreiras á migración de plantas e animais—, [[hábitat]] —área que é habitada por unha especie particular de animais ou plantas— ou ecosistema—complexo dinámico composto por plantas, animais e microorganismos, e a natureza morta que os rodea actuando en interacción en tanto que unidade funcional<ref>«complexe dynamique composé de plantes, d’animaux, de micro-organismes, et de la nature morte environnante agissant en interaction en tant qu’unité fonctionnelle». Definición de ecosistema no informe encargado pola ONU, '' Millenium Ecosystems Assessment'' (2001-05).</ref>—. As distintas ecorrexións do mundo agrúpanse tanto en biomas como en ecozonas.
==Notas==
{{Listaref}}
▲{{Control de autoridades}}
{{Bioloxía en progreso}}▼
[[Categoría:Bioloxía]]
[[Categoría:Ecoloxía]]
▲{{Bioloxía en progreso}}
|