Diferenzas entre revisións de «Indalecio Prieto»

sen resumo de edición
Como ministro de Facenda asinou a entrega da Casa de Campo ó Concello de [[Madrid]] para uso e lecer dos veciños da vila, e tivo que facer fronte ás repercusións da crise internacional na economía española, manténdose nunha estrita ortodoxia liberal. Malia todo afrontou a oposición dos empresarios, que desconfiaban del, e a do [[Banco de España]], que se resistía a unha maior intervención do Estado neste organismo.
 
Sendo ministro de Obras Públicas, continuou e ampliou a política de obras hidroeléctricas iniciadas na época de Primo de Rivera, así como un ambicioso plan de mellora de infraestruturas en Madrid, como o dos enlaces ferroviarios, a construción dunha nova estación en [[Estación de Chamartín|Chamartín]] e o túnel de enlace, baixo o chan de Madrid, entre esta estación e a de [[Estación de Atocha|Atocha]] (que a prensa opositora bautizou como ''Túnel de la Risa'', nome que persistiu ata hoxe), obras estas que non verían a luz ata moitos anos despois, como consecuencia da [[Guerra Civilcivil española|guerra civil]].
 
=== O golpe revolucionario de [[1934]] ===
O fracaso do movemento revolucionario conduciuno novamente ó exilio, e abriu a brecha entre caballeristas e prietistas polo control do PSOE e a estratexia a seguir: Prieto representaba un punto de vista moderado dentro do partido e apoiaba a colaboración cos republicanos de esquerda para volver ó poder e como garantía de estabilidade das institucións republicanas. Por isto opúxose ás veleidades revolucionarias da esquerda do partido -reflectidas polo diario ''Claridad''- á radicalización das mocidades é á colaboración co [[PCE]] e a [[CNT]].
 
=== A Guerraguerra Civilcivil ===
Prieto era un firme convencido de que a situación política e social de España en [[1936]] necesariamente desembocaría nunha guerra civil, e así escribiuno e publicouno en diversas ocasións ó longo da primavera dese ano.
 
290.557

edicións