Dolores Ibárruri: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
trixemelgas |
Sen resumo de edición |
||
Liña 19:
Cando en abril de [[1920]] xurdiu o embrión do que nacería o [[Partido Comunista de España]] ([[PCE]]), a agrupación de Somorrostro incorporouse a el, e con ela a propia Ibárruri, impresionados polo triunfo da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Bolxevique]]. Asistiu, como delegada pola provincia de [[Biscaia]], ao I Congreso do [[PCE]], celebrado en [[1922]], e pasou a integrar o Comité Central do partido en [[1930]]. En setembro de [[1931]], pouco despois da instauración da [[Segunda República Española|II República]], fixou a súa residencia en [[Madrid]] e formou parte da redacción do órgano de prensa do [[PCE]], ''[[Mundo Obrero]]''. Despois de ser encarcerada pola súa actividade política dende outubro de [[1931]] ata xaneiro de [[1932]], participou en marzo no congreso do partido en [[Sevilla]], pero despois foi outra vez prendida ata xaneiro de [[1933]]. Un ano despois, en [[1934]] acudiu a [[Moscova]] para participar nunha reunión da [[III Internacional]] (a chamada "Internacional Comunista"). A esta cidade regresaría un ano máis tarde para intervir no VII Congreso de dito organismo, que a elixiu membro suplente do seu Comité Executivo. Este Congreso propugnou a colaboración entre os partidos obreiros e as formacións políticas burguesas de esquerdas, o que facilitou a creación da [[Fronte Popular]] española en xaneiro de [[1936]]. De feito a Pasionaria, nas eleccións de [[1936]], presentouse como candidata desta coalición electoral, saíndo elixida deputada grazas ao triunfo da dita coalición nas eleccións.
Durante a [[
Dolores Ibárruri tivo seis fillos: Ester (1916-1919), Rubén (1921-1942), Amagoya, Azucena e Amaya (estas últimas trixemelgas nacidas en [[1923]], das que Amagoya morreu ao pouco de nacer e Azucena aos dous anos) e Eva ([[1928]]; morreu aos tres meses). As súas memorias, ''El único camino'', publicáronse en [[1962]].
|