Xaquín Lorenzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 49:
En 1923 comeza a estudar, por libre, Filosofía e Letras (Sección Historia) en [[Santiago de Compostela]], pero non aproba ningunha materia nin nese ano nin no seguinte. A morte do pai obrígalle a suspende-los estudos, pero en [[1925]] matricúlase no acceso á carreira de Dereito, tamén por libre. Neste caso, nin se presenta ós exames e remata abandonando os estudos. Por fin, en [[1931]] volve a matricularse en Filosofía e Letras, en Santiago, co seu irmán Xurxo, á vez que seguen traballando para o [[Seminario de Estudos Galegos]], pero teñen que pedi-lo traslado a [[Zaragoza]] en [[1934]] polos seus enfrontamentos cos profesores, a causa da súa participación no movemento galeguista co que simpatizaban desde moito antes: sendo membro da Irmandade Galeguista de Ourense subscribiu o manifesto fundacional do [[Partido Nazonalista Repubricán]] e, posteriormente, ingresou no [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Xaquín remata a carreira en Zaragoza.
 
Desde moi cedo comeza a colaborar co [[Grupo Nós]], aprendendo e facendo amizade con [[Vicente Risco]], [[Florentino López Cuevillas]] e [[Otero Pedrayo]] e, con só 18 anos ([[1926]]), ingresa como membro activo no [[Seminario de Estudos Galegos]] cun traballo sobre o carro galego. Desde ese momento, e ata a súa disolución trala Guerraguerra Civilcivil, Xocas colabora intensamente coas seccións de Etnografía e Folclore do Seminario e participa nas campañas que este organiza, ademais doutros traballos de investigación propios. En [[1932]] é nomeado membro da Comisión Directora e Conservador do Museo; e en [[1934]], conselleiro permanente do Seminario.
 
Canto á súa actividade política nesa época, lémbrese a súa participación na ''Irmandade Galeguista'' de Ourense, no ''Partido Nazonalista Repubricán'' e no ''Partido Galeguista'' do 36, así como a súa intervención activa no nacemento do frustrado Estatuto de Autonomía.
[[Ficheiro:Xoaquín Lourenzo Fernández. Seminario de Estudos Galegos.jpg|miniatura|300px|''Xoaquín Lourenzo foi nomeado socio aitivo o 1º de Maio do 1926, Sant-Iago, 14 de Xaneiro de 1932''.]]
Aínda con estes precedentes, Xaquín Lorenzo vese obrigado a loitar cos sublevados na [[Guerra Civilcivil española|guerra civil]]. Foi recrutado xa o [[1 de agosto|1º de agosto]] de [[1936]] pero, ó resultar ferido no ombreiro esquerdo en [[Villablino]] ([[provincia de León|León]]), nada máis incorporarse á fronte, o día 12 dese mesmo mes, é declarado inútil para o exército. Por fin, o [[29 de decembro]] de [[1937]] pode regresar á súa casa de Lobeira, desde onde cultiva unha fecunda tertulia con Risco, Cuevillas e Otero Pedrayo.
{{Cita|Fun ferido en Villablino, no norte de León. Foi unha das moitas cousas que eu lle debo á boa sorte que tiven na vida. Eu incorporeime aquí, en Ourense, incorporámonos todos os que chamaron, non quedaba máis remedio que botarse ao monte ou incorporarse... Teño a grande sorte de poder dicir que non vin un morto. O primeiro ferido que vin fun eu.}}
Trala Guerraguerra Civilcivil, foi nomeado profesor de Xeografía e Historia no Instituto Posío, de Ourense, ocupando a cátedra que deixara Otero Pedrayo, represaliado en [[1937]]. Os seus antecedentes políticos terminan pasándolle factura e en [[1942]] pasou a exercer no colexio privado Cardenal Cisneros, da mesma cidade, e do que chegou a ser copropietario e director ata a súa xubilación ([[1981]]).
 
Durante os anos [[1940]] a [[1950]] dedicouse principalmente a realizar e dirixir numerosos estudos sobre [[etnografía]] material e cultural galega, entre os que destacan os seus estudos sobre o [[carro]], as construcións tradicionais, os oficios, a [[dorna]] etc., así como sobre as festas e romarías, o [[cancioneiro]] e o [[refraneiro]] popular galego.
Liña 73:
En [[1964]] mórrelle a nai e Xaquín Lorenzo comeza unha fase de progresivo illamento, reducindo os seus contactos a un pequeno número de amigos. A morte en [[1975]] dun deles, [[Xesús Ferro Couselo]], con quen colaborara estreitamente, contribúe a afonda-la súa introversión. Todo isto, xunto á precaria saúde (padecía reuma e unha perda progresiva da vista), levárono a recluírse na súa casa e dedicarse case exclusivamente á lectura.
 
Sae desta situación, por fin, cando en [[1976]] comeza a creación do [[Museo do Pobo Galego]]<ref>O proxecto de creación dun ''Museo de Galicia'' xa nacera nos anos trinta como un dos obxectivos do Seminario de Estudos Galegos, pero foi truncado pola Guerraguerra Civilcivil e a desaparición do Seminario.</ref>, coa súa designación como director e presidente do padroado do museo. Xaquín Lorenzo doará ós fondos do museo, inaugurado en [[1977]], a súa biblioteca e a súa ampla colección de [[maqueta]]s que fixera el mesmo ó longo da súa vida, do carro, de trebellos agrícolas e de casas tradicionais de diferentes tipoloxías.
 
En [[1978]], co rexurdir das actividades galeguistas trala morte de [[Francisco Franco]] e a reinstauración da democracia en España, participa máis ou menos activamente no renacemento do [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]] de [[Avelino Pousa Antelo]], se ben remata identificándose máis co colectivo apartidista [[Realidade Galega]] e expresa o seu apoio público ó voto afirmativo no referendo do [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de autonomía]], xunto a outros intelectuais galegos.