Edimburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Clima: Corrección gramatical
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Elisardojm (conversa | contribucións)
dende e pechar son correctos, mantense escolla do primeiro editor
Liña 35:
'''Edimburgo'''<ref>{{Cita libro |título=Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega |editor=Benigno Fernández Salgado |editorial=Editorial Galaxia |ano=2004 |isbn=9788482887524 |páxina=1304}}</ref> (en [[Lingua inglesa|inglés]]: ''Edinburgh''; en [[gaélico escocés]]: ''Dùn Éideann'') é a capital e segunda maior cidade de [[Escocia]].
 
A cidade atópase na costa leste de [[Escocia]] á beira do [[estuario do Forth]] e na autoridade local da ''Cidade de Edimburgo''. Edimburgo é capital de [[Escocia]] desdedende [[1437]] e é a sede do goberno [[Escocia|escocés]]. A cidade foi un dos centros máis importantes da educación e cultura durante a [[Ilustración|Era de Ilustración]], grazas á [[Universidade de Edimburgo]]. Os distritos, '''The Old Town''' e '''New Town''', os cales forman parte do centro da cidade, foron nomeados pola [[UNESCO]] como [[Patrimonio da Humanidade]] en [[1995]]. De acordo co censo do [[2001]], '''Edimburgo''' posúe unha poboación de aproximadamente 448.624 habitantes.
 
Edimburgo é famosa polo seu [[Festival de Edimburgo|Festival]], o maior conxunto de eventos en vivo do mundo. Durante o mes de [[agosto]], cando se celebra, a poboación da cidade duplícase. Edimburgo é a segunda cidade máis visitada do [[Reino Unido]] despois de [[Londres]] con 13 millóns de visitantes ao ano.
Liña 75:
 
=== Old Town ===
O casco vello ou ''Old Town'' preservou a súa estrutura medieval e moitos dos edificios da [[Reforma protestante]]. Un estremo atópase cerradopechado polo castelo e a arteria principal, pequenas rúas chamadas ''closes'' ou ''wynds'' camiñan outeiro abaixo aos dous lados da rúa principal en forma de encrucilladas. No casco vello da cidade pódense atopar grandes prazas que marcan lugares de importancia como a [[Catedral de Saint Giles]] e as cortes. Outros notábeis sitios de interese son o Museo Real de Escocia, o Surgeons' Hall, a Universidade de Edimburgo e numerosas rúas subterráneas, reliquias das antigas clases de construción. O plano urbano, típico de moitas cidades de Europa do Norte, é especialmente pintoresco en Edimburgo, onde o Castelo sobresae desdedende a pena, os restos dun tapón volcánico, e onde a rúa principal se desliza cara abaixo dende un lado da pena.
[[Ficheiro:Edinburgh Victoria Street01.jpg|300px|dereita|miniatura|Victoria Street no casco vello]]
 
Por mor do espazo limitado que daba a estreita cola da pena, ''Old Town'' transformouse nunha das primeiras cidades con apartamentos ou edificios residenciais de varios andares, debido á norma imposta no [[século XV]]. Durante o [[século XIII]] a ''Old Town'' tiña unha poboación de aproximadamente 80 000 residentes. Porén, en tempos modernos declinou até os 4 000 habitantes. Hoxe en día na zona viven uns 20 000 habitantes. O número de edificios creceu enormemente debido á vacilación da xente en construír fóra da muralla. Traxicamente, moitos destes edificios foron destruídos polo Gran Lumelume de [[1824]]; a reconstrución da cidade produciu grandes mudanzas do nivel do terreo, o que levou a crear varias pasaxes e rúas por baixo da ''Old Town''.
 
O [[7 de decembro]] de [[2002]] outro gran lume tivo lugar na Old Town, consumindo parte da chamada ''Cowgate''. Tamén destruíu o coñecido club de comedia The Gilded Balloon e gran parte do Departamento de Informática da Universidade de Edimburgo, incluíndo a biblioteca de IA ([[Intelixencia artificial]]).