Max Born: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Investigacións científicas: Corrección gramatical
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
→‎Investigacións científicas: Corrección gramatical
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 12:
[[Ficheiro:Solvay conference 1927.jpg|dereita|miniatura|300px|Quinta [[Conferencia Solvay]] ([[1927]]). Podemos ver a Max Born o segundo da segunda fila empezando pola dereita, sentado entre [[Louis-Victor de Broglie]] e [[Niels Bohr]]]] Entre [[1915]] e [[1919]] foi profesor de física teórica na Universidade de Berlín, onde coñeceu e relacionouse con [[Albert Einstein]].
 
A partir de [[1921]], na Universidade de Göttingen, iniciou as súas investigacións científicas, xunto ao seu asistente [[Werner Heisenberg]] e relacionándose tamén con [[Wolfgang Pauli]]. Ambos físicos formularon a representación mecánica da matriz do [[quanto]] a partir dun primeiro borrador de Heisenberg no cal formulaba a teoría do quanto evitando as representacións concretas, mais inobservábeis da [[órbita]] do [[electrón]] usando parámetros como a probabilidade da transición. Diante deste feito, Born recoñeceu que a formulación podía ser transcrita na lingua das [[Matriz (matemáticas)|matrices]], que aprendera xunto a [[David Hilbert]].
 
En [[1933]], Born abandonou [[Alemaña]] para refuxiarse na [[Universidade de Cambridge]] pola súa orixe xudía, aínda cando el profesaba a [[luteranismo|relixión luterana]], así como polo seu [[pacifismo]]. En [[1936]] foi nomeado profesor de Filosofía Natural na Universidade de [[Edimburgo]], cargo que desenvolveu até o ano [[1953]].