Follas novas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 24:
| seguido por = ''El primer loco''
}}
'''''Follas novas''''' é un poemario en [[lingua galega]] de [[Rosalía de Castro]], publicado por vez primeira en [[1880]], editado por La Propaganda Literaria de [[Alejandro Chao]] na [[A Habana|Habana]], [[Cuba]], e impreso en [[Madrid]].<ref>{{Versaleta|Neira Vilas}} (2013). p. 189: "Como é sabido, ''Follas novas'' foi editado na Habana por Chao, co selo editorial de La Propaganda Literaria. Imprimiuse en Madrid e por iso algúns críticos sinalan que alí foi onde se editou. Erróneo. Hai anos polemizamos a distancia ó redor disto. A cuestión é sinxela: a casa matriz editora radicaba na capital de Cuba; tiña unha sucursal en Madrid que se ocupaba, fundamentalmente, de publica-la mencionada revista, dirixida por Murguía. Por razóns técnicas (prezo de impresións, condicións de pagamento ou o que fose), Chao encargoulle o traballo a unha imprenta madrileña, como podería encargarlla a calquera outra de calquera lugar, o que non modifica en absoluto o nome nin a sede da editorial…"</ref>
 
Rosalía concibiu nun comezo este poemario como unha continuación de ''[[Cantares gallegos]]'': O 50% dos poemas de ''Follas novas'' teñen afinidade co texto publicado en [[1863]],{{Cómpre referencia}} mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito [[poesía|poético]] motivado polo [[emigración|afastamento da terra]], as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha [[poética]] que afonda nos sentimentos, na [[saudade]] e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser: