Destrutor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios + Cda
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Fonte primaria|data=decembro de 2017}}
{{Sen referencias|data=decembro de 2017}}
[[Imaxe:USS Winston S. Churchill.jpg|miniatura|300px|O destrutor estadounidense USS ''Winston S. Churchill'']]
Un '''destrutor''' é un buque de guerra rápido e manobrable deseñado para escoltar a barcos máis grandes nunha frota, convoi ou grupo de batalla e defendelos de atacantes máis pequenos e potentes. Os destrutores, orixinalmente chamados destrutores torpedeiros en [[1982]], desenvolvéronse en resposta á ameaza dos [[buque torpedeiro|torpedeiros]]. O destrutor torpedeiro apareceu como unha clase diferente de buque de guerra cando o HMS ''Havock'' e o HMS ''Hornet'' foron comisionados na [[Royal Navy]] en [[1894]]. No tempo da [[guerra ruso-xaponesa]] en [[1904]], os destrutores torpedeiros eran torpedeiros grandes, rápidos e poderosamente armados deseñados para destruír outros torpedeiros. Aínda que o termo destrutor ten sido usado indistintamente co termo destrutor torpedeiro polas mariñas dende [[1892]], este último xeralmente acurtouse a "destrutor" en case todas as mariñas da [[Primeira Guerra Mundial]].