Ildefonso Díez de Rivera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 51:
 
=== Participación política ===
En 1817 foi capturado por orde do [[Francisco Javier de Elío|xeneral Francisco Javier de Elío]] e encarcerado na prisión da Inquisición<ref name=":1" /> por participar xunto con [[Beltrán de Lis]] no fracasado [[pronunciamento]] de Vidal, mais a raíz do pronunciamento de [[Rafael dedel Riego]] en 1820 foi liberado polo pobo<ref name=":1" /> e, posteriormente, nomeado capitán xeral de Valencia.
 
Cando o 1823 o [[Luís XIX de Francia|duque de Angulema]] dirixiu a expedición dos [[Cen Mil Fillos de San Luís]] que penetraron en [[España]] e [[Fernando VII|restaurou o absolutismo]] no país, pediúselle que entregar a cidade de Valencia ao que se negou até recibir ordes reais. Ao recibilas entregou a praza e, en previsión de posibles represalias, marchou ao exilio en [[Bélxica]], onde permaneceu ata 1834<ref name=":1" />.
 
Ao seu regreso a España foi nomeado marechal de campo e foi elixido deputado por Valencia nas eleccións posteriores á proclamación do [[Estatuto Real de 1834]] e, de novo, nas de 1836<ref name=":0" />. Tamén o foi en 1836 por Granada. En 1837, 1841 e 1842, foi senador por Granada e ostentou a presidencia do Senado entre 1841 e 1842<ref>{{Cita web|url=http://www.senado.es/cgi-bin/BRSCGI?CMD=VERDOC&BASE=HISE&DOCN=000000106|páxina-web=senado.es|título=Expediente personal del senador Conde de Almodovar, D. Ildefonso Díez de Rivera y Muro, por la provincia de Granada|data-acceso=9-12-2017}}</ref>. Foi dúas veces ministro de Guerra e dúas máis de Estado nos gabinetes dos presidentes [[Juan Álvarez Mendizábal]] e [[José María Calatrava]].