Sonic the Hedgehog: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Ampliación
Liña 7:
Destácase tamén na consola Mega CD o "Sonic CD", que é considerado por unha gran cantidade de fans como a obra mestra de Sonic, se ben non tivo o éxito esperado debido ao fracaso da consola. O último proxecto con éxito na clásica Mega Drive foi o Sonic 3 & Knuckles, que se puxo á venda en dous xogos separados, Sonic 3 e Sonic & Knuckles, por limitacións de tempo, se ben ambos xogos formaban parte do mesmo proxecto desde o principio. Tivo unha boa recepción e un éxito en vendas, aínda que lixeiramente menor que o Sonic the hedgehog 2.
 
Tras unha serie de xogos con pouco éxito, SEGA publica un novo xogo en 1999 na consola DreamCast, chamado "Sonic adventureAdventure" que volveu a recoller boas críticas e que é considerado o xogo que máis vendeu naquela consola. Este xogo tivo unha secuela, Sonic Adventure 2 (2001), que tivo boas críticas, aínda que non tan boas como na primeira parte. Tras esta entrega xurdiron unha serie de xogos que acarrearon críticas mixtas e niveis de venda moito máis baixos. Sonic Colors (2010) e Sonic Generations (2011) foron mellor valorados. En 2017 foi publicado Sonic Mania, que acadou valoracións positivas xeralizadas de consumidores e as revistas especializadas, e Sonic Forces, con críticas mixtas.
{{Control de autoridades}}
{{Videoxogos en progreso}}