Martin Heidegger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 64:
A filosofía heideggeriana tamén foi obxecto de duras críticas. Destaca o violento ataque de [[Rudolf Carnap|Carnap]], quen tacha o seu pensamento de metafísica sen sentido, ademais de atentar contra as regras gramaticais máis elementais da linguaxe. Entre os seus discípulos tamén son de suliñar as discrepancias filosóficas de [[Karl Löwith]]. Este abandona o concepto heideggeriano de "mundo" entendido no sentido de próximidade existencial, é dicir, trátase sempre dun mundo-para-nosoutros. Para Löwith o mundo, é dicir, a [[natureza]] física e orgánica, é anterior ó estar-humano-no-mundo e, polo tanto, pensable sen este. Tamén o fenómeno da morte é un evento natural que acontece no fenómeno natural da [[vida]]. Heidegger, en consecuencia, teríase esquencido da [[natureza humana]] produto, á súa vez, da propia natureza.
[[Ficheiro:Sein-und-Zeit-Hauptbegriffe.svg|miniatura|Esquema de ''Ser e tempo'']]
 
== Importancia para a lingua galega ==
A publicación de ''[[Da esencia da verdade]]'' é de interese para a historia social do galego porque a súa tradución en 1952 por parte de Ramón Piñeiro, foi prohibida pola censura franquista, non especialmente polo censor de oficio García Yebra, se non pola acción específica de Juan Aparicio, quen no tivo problemas en admitir a publicación de outras obras en galego mesmo fóra da legalidade debido á súa temática menos elevada<ref>[https://ddd.uab.cat/pub/quaderns/quaderns_a2013n20/quaderns_a2013n20p17.pdf]</ref>.
 
== Obras ==