Sexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de Juanchutrelles333 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Édouard-Henri Avril (29).jpg|miniatura|300px|dereita|Representación artística dun acto sexual por Édouard-Henri Avril (1849–1928).]]
O [[Xénese]], primeiro libro da [[Biblia]], comeza cun relato da creación da terra seguido da creación de [[Adán e Eva]]. Semella que a versión máis estendida, que narra a orixe de Eva nunha costela de Adán, se debe a unha mala tradución, pois a sinonimia da palabra ''zela'' leva a pensar que unha tradución máis axeitada sería "costado". De ser así o [[Antigo Testamento]] describiría a Adán como ''gineandromorfo'', masculino nun costado e feminino no outro. Nesta dualidade xenérica, que lle dá ao relato bíblico unha orientación puramente heterocéntrica, baséase a pretensión cristiá da complementación entre home e muller. Unha imaxe semellante chéganos a través do mito [[Grecia|grego]] que describe ao ser humano orixinal como un ser con catro pernas, catro brazos, dous rostros e dous sexos. Para anular o poder destes seres, [[Zeus]] cortounos polo medio, deixando a cada unha das metades buscando eternamente o que lle foi quitado. Os gregos explican a [[homosexualidade]] afirmando que as dúas metades podían ser do mesmo sexo.<ref>{{cita libro| autor =POTTS, M.; SHORT, R.| título =[http://books.google.es/books?id=lqpw23HzTZAC&printsec=frontcover&dq=sexualidad&lr=&as_drrb_is=q&as_minm_is=0&as_miny_is=&as_maxm_is=0&as_maxy_is=&num=100&as_brr=3&ei=S13sS6qYOZiUlAT6q6XqAw&client=firefox-a&cd=23#v=onepage&q&f=false Historia de la sexualidad: Desde Adán y Eva]| ano =2002| publicación =Ediciones AKAL| id = ISBN 84-8323-205-7, 9788483232057}}</ref>