Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 60:
 
* IP, non tardei nin un minuto en restaturar a entrada [[Artigo 155]]; fíxeno tan pronto como me avisaches de que si tiña entrada noutras Wikipedias. Erro meu, como che dicía. Deixeiche unha mensaxe a seguir na túa páxina de conversa e reitéroche as desculpas polo erro. Un saúdo. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 7 de decembro de 2017 ás 12:54 (UTC)
 
::Non vexo o problema sobre o borrado do artigo, que exista noutras wikipedias non é razón abondo para que exista aquí, e a maiores Atobar indicou outra razón para o borrado que penso que é importante, un artigo concreto da Constitución non precisa dun artigo propio, por moito uso que teña nestes días, antes dos sucesos que se están vivindo nestes meses, practicamente ninguén en España o coñecía.
::As reversións no artigo Puigdemont non foron realizadas unicamente por [[User:Atobar|Atobar]], ese artigo é un artigo "sensible" nestas datas, e a súa actualidade, e que trate dunha persoa viva, fai que haxa que ter moito tino coas achegas que se fan nel. Por outra banda, o artigo pode ser editado por usuarios autoconfirmados, cousa doada de conseguir, e grupo no que non están só os admins, se non tamén case toda a comunidade de editores rexistrados. En resumo, non vexo que haxa que tomar ningunha medida, salvo facer unha consulta de borrado para que decida a comunidade. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 9 de decembro de 2017 ás 00:44 (UTC)