Diferenzas entre revisións de «División Azul»

*Despregue (subs.) > despregamento.
m (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda)
(*Despregue (subs.) > despregamento.)
 
== Orixe ==
Aínda que España non interveu oficialmente na [[segunda guerra mundial]] do lado da [[Alemaña nazi]], [[Francisco Franco|Franco]] permitiu que os voluntarios que o desexaran se enrolaran no [[Heer|exército alemán]]. Deste xeito, podía manter a neutralidade española mentres simultaneamente compensaba a [[Hitler]] pola súa axuda durante a [[guerra civil española]]<ref>Un exemplo de esa axuda é a [[Lexión Cóndor]]</ref>. O Ministroministro de Asuntos Exteriores da época, [[Ramón Serrano Súñer]], suxeriu a creación dun corpo voluntario, a principio da [[Operación Barbarroxa]], e Franco enviou unha oferta oficial da axuda a [[Berlín]]. Hitler aprobou o uso de voluntarios españois o [[24 de xuño]] de [[1941]]. O recrutamento detívose cando se alcanzaron efectivos suficientes para formar unha división (uns 18.000 homes), cuxos elementos serían xefes e oficiais voluntarios procedentes do exército regular e as clases de tropa voluntarios recrutados nas xefaturas provinciais de toda España.
 
O 50 % dos oficiais e soldados eran militares de carreira, moitos deles [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS|falanxistas]] veteranos da [[Guerra civil española|guerra civil]] e estudantes das distintas universidades. O xeneral [[Agustín Muñoz Grandes]] foi designado para conducir aos voluntarios durante o seu primeiro ano. Posteriormente substituíuno [[Emilio Esteban Infantes]].
 
== Entrada en combate ==
O despreguedespregamento era o seguinte: o 262º Rexemento no subsector de Novgorod; o 269º Rexemento cubría o subsector Norte con retagarda en [[Podvereje]] e o 263º Rexemento no subsector Centro e no subsector do Ilmen, os Grupos Anticarro e de Exploración. O Rexemento de Artillería posicionouse ao Oeste de [[Nóvgorod]], onde quedou establecido o Cuartel Xeral.
 
Desde a súa chegada á fronte, en outubro de 1941, a División Azul sufriu fortes perdas no [[sitio de Leningrado]], debidas tanto ao combate como á acción do frío. A partir de maio de [[1942]] empezaron a chegar desde España máis efectivos para cubrir as baixas e relevar aos combatentes feridos. Ata 46.000 voluntarios serviron na fronte do Leste, dos cales arredor duns 24.000 eran recrutas.
10.315

edicións