Prison Break: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
.
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 77.27.70.51 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Liña 1:
{{Sen referencias|data=marzo de 2014}}
[[Ficheiro:"Prison Break".jpg|miniatura|250px|Os protagonistas de Prison Break]]
'''Prison Break''' é unha [[serie de televisión]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] creada por [[Paul Scheuring]] que comezou a emitir a [[Fox Broadcasting Company]] o [[29 de agosto]] de [[2005]].foi condenado á pena d
 
A serie céntrase en dous irmáns, un que foi condenado á pena de morte por un crime que non cometeu e outro, Michael Scofield, que se fai deter expresamente para ingresar en prisión para fuxir co seu irmán. A serie produciuna Adelstein-Parouse Productions, en colaboración con Original Television e [[20th Century Fox Television]]. Os produtores executivos ademais do propio Scheuring son [[Matt Olmstead]], [[Kevin Hooks]], [[Marty Adelstein]], Dawn Parouse, [[Neal H. Moritz]], e [[Brett Ratner]]. O tema musical compúxoo [[Ramin Djawadi]] polo que foi nomeado a un [[Premios Emmy|Emmy]] en 2006.
 
Cando lle foi presentada a idea á Fox en 2003 non se interesou por ela pero despois do éxito de series como [[Lost (serie de televisión)|Lost]] ou [[24 (serie de televisión)|24]], Fox decidiu aprobar a súa produción en 2004. A primeira tempada recibiu críticas positivas e tivo boa audiencia, en orixe ían ser 13 episodios pero debido á súa popularidade realizáronse nove episodios máis. Debido á folga de guionistas, o final da terceira tempada tivo que ser reformulado. As primeiras catro tempadas editáronse en [[DVD]] e a primeira e a terceira en [[Blu Ray]]. O éxito da serie inspirou unha serie exclusivamente realizada para [[móbil]]es, [[Prison Break: Proof of Innocence]].