Morgan Library & Museum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Museo
| Nome =
| Imaxe =
| Tamaño =
| Pé =
| Coordenadas = {{Cómpren coordenadas}}
| País =
| Cidade =
| Tipo =
| Administrador =
| Director =
| Construción =
| Inauguración =
| Superficie =
| Visitantes =
| Web =
}}
A '''Morgan Library & Museum''' (Biblioteca e Museo Morgan) é un museo e biblioteca de investigación en [[Nova York]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] (225 Madison Avenue at 36th Street), antes chamada Biblioteca Pierpont Morgan '''J. Pierpont Morgan Library'''. A ''Morgan Library & Museum'' atópase dentro do condado de [[Nova York]].
 
Foi fundada en 1906, co fin de almacenar a biblioteca privada de [[John Pierpont Morgan]]. Nesta biblioteca estaban incluídos, ademais de manuscritos e libros impresos, unha peculiar colección de impresos e debuxos.
[[Ficheiro:Morgan_Library_entrance_building_and_library_annex.jpg|esquerda|miniatura|250x250px|A entrada redeseñada por [[Renzo Piano]] (2006, esq.) e o anexo deseñado por Benjamin Wistar Morris (1928, dta.)]]
O edificio foi deseñado por [[Charles McKim]], da firma [[McKim, Mead and White]], e construído cun custo de 1,2 millóns de dólares. En 1924, o fillo de J. P. Morgan transformou a biblioteca nunha institución pública.
[[Ficheiro:Pierpont_Morgan_Library_NY_2006.jpg|dereita|miniatura|250x250px|Edificio McKim da Biblioteca e Museo Morgan.]]
A biblioteca está formada por un complexo de edificios que serven adicionalmente como museo e como centro de investigación. Contén manuscritos orixinais de Sir [[Walter Scott]], [[Honoré de Balzac]], [[Bob Dylan]], [[Charlotte Brontë]], [[Charles Dickens]] e outros autores. Adquiriu en 1977 o [[pergamiño Vindel]] do século XIII, única copia existente coa música de cantigas do trobador [[Martín Codax|Martín Códax.]]. Tamén ten unha gran cantidade de incunables, e impresións e debuxos de artistas europeos como [[Leonardo da Vinci]], [[Rembrandt]], [[Michelangelo|Miguel Anxo]], [[Peter Paul Rubens|Rubens]], [[Albrecht Dürer|Durero]] e [[Pablo Picasso|Picasso.]]. A biblioteca ten varias das primeiras biblias que foron impresas, incluíndo tres [[Biblia|biblias]] de [[Johannes Gutenberg|Gutenberg.]]. Tamén posúe un dos dous orixinais existentes de ''[[Le Morte d'Arthur]]'', que imprimiu [[William Caxton]] en 1485, e o orixinal de ''[[Ivanhoe]]'', novela de [[Walter Scott]]. Hai que destacar ademais o libro ''Las horas de los Farnese'', ilustrado con miniaturas por [[Giulio Clovio]].
 
O Morgan Library & Museum atópase inscrito como un [[Fito Histórico Nacional]] no [[Rexistro Nacional de Lugares Históricos]].<ref>{{cita web|url=https://npgallery.nps.gov/nrhp/Download?path=/natreg/docs/All_Data.html|título=National Register of Historic Places|dataacceso=7 de decembro de 2017}}</ref>.
 
== Véxase taménNotas ==
{{Listaref}}
* Rexistro Nacional de Lugares Históricos en Manhattan
 
== Referencias ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Outros artigos ===
* [[Rexistro Nacional de Lugares Históricos en Manhattan]]
== Ligazóns externas ==
* [http://www.nationalregisterofhistoricplaces.com/ny/New+York/state.html Rexistro Nacional de Lugares Históricos no condado de Nova York] (en inglés){{En}}.
* [http://www.nps.gov/nr/publications/bulletins/spanishbrochure/ Sitio web oficial] do Rexistro Nacional de Lugares Históricos] (en español){{Es}}.
 
{{Sencat}}