Morgan Library & Museum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
A biblioteca está formada por un complexo de edificios que serven adicionalmente como museo e como centro de investigación. Contén manuscritos orixinais de Sir [[Walter Scott]], [[Honoré de Balzac]], [[Bob Dylan]], [[Charlotte Brontë]], [[Charles Dickens]] e outros autores. Adquiriu en 1977 o [[pergamiño Vindel]] do século XIII, única copia existente coa música de cantigas do trobador [[Martín Codax|Martín Códax.]] Tamén ten unha gran cantidade de incunables, e impresións e debuxos de artistas europeos como [[Leonardo da Vinci]], [[Rembrandt]], [[Michelangelo|Miguel Anxo]], [[Peter Paul Rubens|Rubens]], [[Albrecht Dürer|Durero]] e [[Pablo Picasso|Picasso.]] A biblioteca ten varias das primeiras biblias que foron impresas, incluíndo tres [[Biblia|biblias]] de [[Johannes Gutenberg|Gutenberg.]] Tamén posúe un dos dous orixinais existentes de ''[[Le Morte d'Arthur]]'', que imprimiu [[William Caxton]] en 1485, e o orixinal de ''Ivanhoe'', novela de Walter Scott. Hai que destacar ademais o libro ''Las horas de los Farnese'', ilustrado con miniaturas por Giulio Clovio.
 
O Morgan Library & Museum atópase inscrito como un Fito Histórico Nacional no Rexistro Nacional de Lugares Históricos<ref>{{cita web|url=https://npgallery.nps.gov/nrhp/Download?path=/natreg/docs/All_Data.html|título=National Register of Historic Places|dataacceso=7 de decembro de 2017}}</ref>.
 
== Véxase tamén ==