Dinoflaxelados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 16:
[[Syndiniales|Syndiniophyceae]]
}}
[[Ficheiro:Dinophysis acuminata.jpg|thumbminiatura|dereita|O dinoflaxelado ''Dinophysis acuminata''.]]
Os '''dinoflaxelados''' ou '''''Dinoflagellata''''' (do grego δῖνος, ''dinos'', "xiro, rotación" <ref>Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 7. Páxina 337. ISBN 84-7680-295-1 (do tomo)</ref>, e do latín ''flagellum'', "látego") son un importante grupo de [[protista]]s [[flaxelado]]s. A maioría son especies [[plancto|planctónicas]] mariñas, pero tamén son abondosas en augas doces, salobres e mesmo na neve e xeo. As súas poboacións están distribuídas dependendo da temperatura da auga, salinidade e profundidade. Moitos dinoflaxelados son [[fotosíntese|fotosintéticos]], pero unha gran parte deles son en realidade [[mixotrofía|mixotróficos]], é dicir, combinan a fotosíntese coa inxestión de presas.<ref>Stoecker D K. [http://www.hpl.umces.edu/faculty/stoeckercv.html "Mixotrophy among dinoflagellates."] J Eukaryotic Microbiol, 46(4): 397-401, 1999.</ref> Os dinoflaxelados son o principal grupo de [[Célula eucariótica|eucariotas]] mariños xunto coas [[diatomea]]s. O feito de seren produtores primarios fai deles unha parte importante das cadeas alimenticias acuáticas. Algunhas especies, chamadas [[zooxantela]]s, son [[endosimbiose|endosimbiontes]] de animais mariños e xogan un papel importante na bioloxía dos [[arrecife de coral|arrecifes de coral]]. Outros dinoflaxelados son predadores incoloros doutros protozoos, e unhas poucas formas son [[parasito|parasitas]] (por exemplo, ''[[Oodinium]]'' ou ''[[Pfiesteria]]''). Os dinoflaxelados presentan estados de repouso chamados [[quiste de dinoflaxelado|quistes de dinoflaxelados]] ou [[dinoquiste]]s, como parte dos seus ciclos de vida.