Hugo Grotius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
m Arranxos varios
Liña 37:
Os anos que estivo en prisión, nos que se dedicou a [[Lectura|ler]] con intensidade, acabaron coa súa fuxida a [[París]] en [[1621]] con axuda da súa esposa María van Reigersberg. Protexido por Nicolás Peiresk, obtivo unha pequena pensión que completaba co seu traballo como escritor.
 
Regresou a Holanda en [[1631]], pero tivo que fuxir de novo o ano seguinte e foi refuxiarse a [[Hamburgo]]. Por mediación dun alto [[diplomático]] [[Suecia|sueco]] volveu a París como [[embaixador]] de Suecia durante o reinado de [[Cristina de Suecia]], cargo que exerceu ata [[1644]].<ref>Miller (2014). Páxinas 2, 3, 4 e 8.</ref>
 
Grotius faleceu na cidade alemá de Rostock durante unha viaxe a Suecia.<ref>Necrolóxica de Hogo Grotius en ''Le Moniteur des Indes-Orientales et Occidentales''. V<abbr>ol.</abbr> 3. <abbr>2ª</abbr> parte. 1847-1848. Páxina 3 ''(en francés)''</ref>
Liña 44:
Hugo Grotius foi o gran defensor do [[Absolutismo|Estado absoluto.]] Inaugurou unha nova corrente sobre o [[Lei natural|Dereito natural]]: o "iusnaturalismo inmanentista". Para el o [[Ser humano|home]] é social por natureza, polo que as normas de convivencia que hai na [[sociedade]] son naturais e inherentes ao ser humano, e constitúen obxecto de [[dereito positivo]]. Estas normas, polo feito de seren naturais, nin se poden cambiar nin se poden discutir. Propón a pasaxe dun dereito [[Metafísica|metafísico]] a un [[Razón|racional]] en ''De iure belli ac pacis''.
 
Como o home é social, Grotius sostén que deben existir [[Valor (ética)|valores]] mínimos e indiscutibles, non por simple convención, que a sociedade debe procurar para manter a orde. Eses principios, baseados na natureza racional e social do home, son instaurados por [[Deus]] e nin este podería cambialos. As [[Lei|leislei]]s serán xustas se se deducen destes principios abstractos, dos que se poden ir deducindo os demais matematicamente. 
 
A sociedade é para el a asociación perfecta de homes libres para protexeren os seus dereitos e por unha utilidade común.
 
O Dereito natural e as [[Lei|normas legais]] do [[Estado]] necesitan un [[Xefe de Estado|soberano]] forte que garanta a expansión [[Comercio internacional|comercial]], a orde e a [[paz]]. Grotius é considerado como un dos fundadores do [[Dereito internacional]], xunto con [[Francisco de Vitoria]].
 
Na [[monarquía absoluta]] o [[rei]] está suxeito ás súas propias leis. Xa que é [[monarca]] por dereito divino, as súas leis son xustas, e todos, mesmo el, deben obedecelas. Pero tamén hai un Dereito natural que non se pode saltar. A autoridade do rei, en moitos casos, está limitada polas [[Cortes]], que teñen que votar os [[impostos]], co que o rei depende delas para conseguir recursos. Un caso particular é o de [[Inglaterra]], onde, malia o absolutismo dos [[Casa de Tudor|Tudor]] e ser o rei quen dita as leis, estas só entran en vigor cando as vota o [[Parlamento do Reino Unido|Parlamento]].
Liña 55:
[[Ficheiro:HugoGrotius-MareLiberum-1609.jpg|miniatura|esquerda|Portada de ''Mare Liberum'']]
Grotius sentou unha das bases máis importantes do ''Ius gentium ''("[[Dereito de xentes]]"), na súa obra ''Mare Liberum''. Desenvolveu a súa teoría distinguindo entre [[mar]] próximo (dálle certos dereitos ao Estado) e mar oceánico, que é totalmente libre. Sostén que debe haber libre [[comunicación]] e [[navegación]], posto que o mar non é propiedade de ninguén e todos os países teñen o dereito de tirar proveito del, tese á que se opuxo o [[inglés]] [[John Selden]], na súa obra ''Mare clausum''. A disputa sobre a propiedade ou a [[nacionalidade]] das augas tiña un transfondo [[Economía|económico]], xa que afectaba o comercio internacional. ''Mare liberum'' é parte dunha obra maior, ''De iure praedae'', inédita ata [[1868]].<ref>Martínez Torres, José Antonio. [http://estudiosamericanos.revistas.csic.es/index.php/estudiosamericanos/article/view/702/702 "Gobernar el Mundo. La polémica ''Mare Liberum versus Mare Clausum'' en las Indias Orientales (1603-1625)]". En ''Anuario de Estudios Americanos'', 74, 1. Sevilla, xaneiro-xuño, 2017. Páxinas 71-96. [ISSN 0210-5810] ''(en castelán)''</ref>
[[Ficheiro:Hugo Grotius and Catholic Maria Van Jesse.JPG|miniatura|[[Estatua]] de Hugo Grotius na [[Gran Praza de Delft|Gran Praza]] de [[Delft]], onde naceu, coas [[Torre|torrestorre]]s da [[Igrexa de María de Xesé (Delft)|igrexa de María de Xesé]] ao fondo]]
A súa obra ''De iure belli ac pacis'' ([[1625]]) foi o primeiro tratado sistemático sobre o [[dereito internacional]], cuxas bases xa foran sentadas por Francisco de Vitoria, ao que cita abundantemente. Con ela transmitiu e difundiu por [[Europa]] as ideas da [[Escola de Salamanca]]. En ''De iure belli ac pacis'' abandona o concepto de guerra xusta e introduce un novo, o non discriminatorio de "guerra con independencia de xustiza da causa". Sostén que no dereito internacional non existen bos e malos, senón que son todos iguais. De aí o ''iustus hostis'', que considera que o rival é tan xusto coma min, xa que ten os mesmos dereitos. Desenvolve o ''Ius in belo'', ou dereito na guerra, que establece certas regras que parten do concepto de [[humanidade]].<ref>Grotius (1985). Páxina 249.</ref><ref>Grotius (2005). Páxinas 9, 10, 11, 19 e 20.</ref><ref>Miller (2014). 9 a 24.</ref><ref>Forde (1998). Páxina 639-640.</ref><ref>Haakonssen (1985). Páxinas 240-245.</ref>
 
Liña 63:
* ''Adamus exul'' ("O exilio de Adán"). [[Traxedia|Traxedia teatral]]. A Haia, [[1601]].
* ''De republica emendanda'' ("Sobre o acrecentamento da República"). [[Manuscrito]] de 1601 publicado na Haia en [[1984]].
* ''Parallelon rerumpublicarum'' ("Repúblicas paralelas"). Comparación de [[Constitución|constituciónsconstitución]]s manuscrita entre 1601 e [[1602]], publicada en [[Haarlem]] entre [[1801]] e [[1803]].
* ''De Indis'' ("Sobre as Indias"). Manuscrito entre [[1604]] e [[1605]]. Publicado en [[1868]] como ''De Jure Praedae'' ("Sobre o dereito de captura").
* ''Christus patiens'' ("A paixón de Cristo"). Traxedia teatral. [[Leiden]], [[1608]].
Liña 97:
* Haggenmacher, Peter. Grotius et la doctrine de la guerre juste.Presses Universitaires de France. París, 1983 ''(en francés)''
* De la Reza, Germán A. ''La invención de la'' paz. ''De la República cristiana del duque de Sully a la Sociedad de Naciones de Simón Bolívar.'' Siglo XXI Editores. México, 2009. [<nowiki/>[[Special:BookSources/9786070300546|<nowiki>ISBN 9786070300546]</nowiki>]].
 
 
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden]]