Peter Paul Rubens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Antuerpen
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (2)
Liña 30:
== Contexto histórico ==
[[Ficheiro:PPRubens birthplace.JPG|miniatura|Casa natal de Rubens en [[Siegen]].]]
[[Ficheiro:Antwerpen rubens1 bewerkt.jpg|thumbminiatura|Estatua do pintor en [[Antuerpen]].]]
No [[século XVI]], [[Antuerpen]], a capital de [[Flandres]], era un gran [[Comercio|centro de negocios]] grazas ó seu importante [[Porto (comunicacións)|porto]], a onde chegaban mercancías de diversos países e no que operaban comerciantes [[República de Xénova|xenoveses]], [[República de Venecia|venecianos]], [[Portugal|portugueses]] e [[España|españois]], entre outros.
 
Liña 51:
En 1589, dous anos despois da morte de Jan, a nai de Rubens, que se convertera ó [[catolicismo]], regresou co seu fillo a Antuerpen, onde el proseguiu coa súa formación. Estudou [[latín]], [[lingua alemá|alemán]], [[Lingua castelá|español]] e [[Lingua francesa|francés]] con Rombaut Verdonck, pero as penurias económicas da familia obrigárono a abandonar os estudos e entrou como paxe ó servizo da condesa Margaretha de Ligne-Arenberg, viúva de Filipe II de Lalaing, en [[Oudenaarde]].<ref>Belkin (1998): 11–18.</ref> Non se sabe exactamente en que datas, pero crese que tivo dous mestres de pintura, [[Adam van Noort]] e [[Otto van Veen]] (Otto Vaenius),<ref>Held (1983): 14-35.</ref> aínda que non parece que deixasen unha influencia artística relevante no seu alumno.<ref>Micheletti, Emma (1966) pp. 6-7</ref>
 
[[Ficheiro:Rubenshuis - 03.jpg|thumbminiatura|Pórtico da casa de Rubens en Antuerpen, a [[Rubenshuis]], que o pintor representaría en algunhas das súas obras, como ''[[O xardín do amor]]'' ([[Museo do Prado|Prado]]).]]
Non se sabe gran cousa sobre as primeiras obras do pintor realizadas en Antuerpen, aínda que hai constancia de que fixo copias de pinturas de [[Hans Holbein o Novo|Hans Holbein]], de [[Alberto Durero]] e de [[Tobias Stimmer]]. O testamento da súa nai, María Pypelincks, dicía que legaba os seus retratos ós seus fillos pero que "todos os demais cadros, que son bonitos, pertencen a Peter, que os pintou".<ref name="PeterC">{{cita Harvard|Cabanne|1967|pp=32 — 33}}</ref> Das súas obras de mocidade, existe unha dun home de medio corpo que ten na man dereita unha escuadra e un compás, e na man esquerda, suxeitado por unha cadea, outro instrumento sen identificar; coñéceselle con varios títulos: ''Retrato dun mozo sabio'', ''O reloxeiro'' e ''O home de vinte e seis anos''.<ref name="PeterC"/> É unha [[pintura ó óleo]] sobre un ferro de cobre de pequeno formato e que se atopa nunha colección particular de [[Nova York]]; no seu dorso leva a inscrición "Petrus Paulus Rubens", e na parte dianteira está a data: "MDLXXXXVII", e a idade do modelo: "Aetatis XXVI".<ref name="PeterC"/>