Constantino VI: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+foto
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 7:
Constantino tiña 16 anos en [[787]] e Irene deberíalle ter cedido o poder entón, pero este non se fixo co poder total ata [[790]], cando os [[Armenia|armenios]] do exército se rebelaron contra Irene. Ela mantería de todos os xeitos o título de emperatriz, aínda que Constantino tivo que derrotar aos armenios para que a aceptasen como emperatriz: esta sería a súa primeira vitoria logo das desastrosas derrotas ante os [[Bulgaria|búlgaros]].
 
Tamén tivo que reprimir unha revolta liderada polo seu irmán Nicéforo, que fora obrigado a entrar nun mosteiro para evitar que puidese ser elixido emperador. Logo de todo isto, divorciouse da súa muller María (á que aborrecía pese á súa beleza, por ser escollida pola súa nai Irene), a cal lle deu unha filla, e volveu a casar con Teodota (unha ''cabicularia'' ou dama de honor de Irene), un feito impopular e posibelmente ilegal, aínda que o patriarca [[Tarasio, Patriarca de Constantinopla|San Tarasio]] permitiu dita actuación. En [[797]] tivo lugar outra rebelión, dirixida por persoas que apoiaban a Irene coa aprobación desta. Constantino foi feito prisioneiro e cegado, deixando a Irene co dominio total sobre o Imperio.
 
O final de Constantino non esta totalmente claro: segundo algúns, morreu inmediatamente a consecuencia da bárbara mutilación que sufriu; mentres que outros din que se retirara a unha vida totalmente privada, xunto a Teodota, para logo ser desterrado á Illa dos Príncipes, onde foi sepultado á beira da súa primeira esposa, María.
 
Durante o posterior reinado de [[Miguel II]], aparecerían algúns pretendentes ao trono que reivindicaban ser o propio Constantino VI.
 
 
{{Gobernante|