Rebento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 1:
[[Ficheiro:Cucumber leaf.jpg|thumbminiatura|Rebento dun [[cogombro]].]]
Chámase '''rebento''' ou '''gromo''' aos novos crecementos das [[plantas]], que poden incluír [[talo]]s, [[Xema (botánica)|xemas]] e [[folla]]s. O gromo de [[xerminación]] da [[semente]] que medra cara arriba é un rebento que ha desenvolver follas. Na primavera, os rebentos de [[plantas perennes]] son o novo crecemento, dende o chan nas plantas [[herbácea]]s, ou o novo crecemento de [[flor]]es ou talos / caules nas plantas lígneas. O galego permite tamén os termos '''gomo''', '''abrocho''' e '''brote'''<ref>Termos preferidos en galego en ''Termos esenciais de botánica''. Santiago de Compostela, Universidade, 2004, VV. AA. e ''Vocabulario forestal''. Santiago de Compostela, Universidade, 2012, Deputación de Lugo</ref>.
 
Liña 6:
Logo dunha árbore se tallar ou queimar, o coto ou o toro dalgunhas especies coma os [[carballo (árbore)|carballos]] ([[carballo común]], [[sobreira]] etc) ou os [[eucalipto]]s botan novos fillos tamén chamados rebentos.
 
Moitos animais aliméntanse dos abrochos por mor a que as fibras do novo crecemento aínda non completaron o desenvolvemento total da [[parede celular]] secundaria, e polo tanto, son máis tenros e doados de mastigar e dixeriren. Cando os gromos medran e envellecen, as células completan o desenvolvemento das paredes celulares que teñen unha estrutura dura e resistente. Algunhas plantas (por exemplo, os [[fento]]s) producen [[toxina]]s que fan que os seus rebentos sexan menos apetecíbeis aos herbívoros.
 
Os rebentos de moitas plantas ([[soia]], [[alfalfa]] etc) son un alimento habitual en moitas culturas. En Galiza o consumo está a medrar, especialmente en ensaladas e pratos orientais.