Diferenzas entre revisións de «Alfred Russel Wallace»

m
Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web
m (Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web)
|data_de_falecemento = [[7 de novembro]] de [[1913]] (90 anos)
}}
'''Alfred Russel Wallace''', nado en Usk ([[Monmouthshire]]) o [[8 de xaneiro]] de [[1823]] e finado en [[Broadstone]] ([[Dorset]]) o [[7 de novembro]] de [[1913]], foi un [[naturalismo|naturalista]] explorador e [[biólogo]], [[xeografía|xeógrafo]] e [[antropoloxía|antropólogo]] [[Gales|galés]] e [[Inglaterra|inglés]]. Wallace é coñecido sobre todo por desenvolver el só o concepto de [[evolución]] por [[selección natural]], central na teoría biolóxica da [[evolución biolóxica|evolución]], e publicalo en conxunto con [[Charles Darwin]] en 1858.<ref name="ontendency">{{citeCita web|last=Wallace |first=Alfred |title=On the Tendency of Varieties to Depart Indefinitely From the Original Type |url=http://www.wku.edu/~smithch/wallace/S043.htm |publisher=The Alfred Russel Wallace Page, [[Western Kentucky University]]|archiveurl=https://web.archive.org/web/20070429183411/http://www.wku.edu/~smithch/wallace/S043.htm |archivedate=29 de abril de 2007}}</ref> Foi pioneiro na [[bioxeografía]] [[evolución|evolutiva]].<ref>{{Cita web|url=http://wallacefund.info/|título=
The Alfred Russel Wallace Website}}</ref>
 
== Traxectoria ==
En 1855 Wallace publicou un artigo titulado «Sobre da lei que regulou a introdución de novas especies»<ref>En [[lingua inglesa|inglés]], [http://www.victorianweb.org/science/science_texts/wallace_law.html "On the law which has regulated the introduction of new species"].</ref> onde achega probas de que as especies orixínanse a partir doutras veciñas semellantes, cuestión que xa formulara anos atrás a partir das súas observacións dos monos suramericanos, pero que agora resolvía con multitude de probas na coñecida como lei de Sarawak por redactala nesa illa; un principio fundamental na nova ciencia da bioxeografía. A pesar disto, non se atreveu daquela a propoñer ningún mecanismo que explique como as especies cambian. Sobre iso escribe tres anos máis tarde nun novo ensaio de Ternate, «Sobre a tendencia das variedades a apartarse indefinidamente do tipo orixinal»<ref>En [[lingua inglesa|inglés]] "[http://www.pbs.org/wgbh/evolution/library/02/6/text_pop/l_026_01.html On the tendency of varieties to depart indefinitely from the original type]". </ref>, no que destaca a "presión ambiental" como causa de que unicamente sobrevivan as "variedades superiores" baixo as "circunstancias favorables", mentres que as "feblemente organizadas" sofren a extinción<ref>{{Cita libro|título = On the tendency of species to form varieties; and on the perpetuation of varieties and species by natural means of selection.|apelidos = Darwin|nome = Charles R.|editorial = Journal of the Proceedings of the Linnean Society of London. Zoology 3 (20 August): 45-50.|ano = 1858|ISBN = |ref = |apelidos2 = Wallace|nome2 = Alfred R.|url = http://wallace-online.org/content/frameset?pageseq=1&itemID=S043&viewtype=text}}</ref>. A equivalencia co mecanismo explicativo da transmutación das especies nomeado "selección natural" por Darwin é evidente. Asemade, ambos autores empregan o termo "loita pola vida" e, aínda que con distinta profundidade, ambos comparan o mecanismo coa cría de animais domésticos. Wallace remitiu o artigo a [[Charles Darwin|Darwin]] para a súa revisión. Cando este o leu atopouse co que cualificou de mellor resumo imaxinable das ideas que el mesmo levaba xestando traballosamente desde facía máis de vinte anos. Tras consultar con [[Charles Lyell]] e o propio Wallace, Darwin realizou unha presentación pública ante a [[Sociedade Linneana de Londres]], acreditando a Wallace como codescubridor.
 
Wallace naceu no seo dunha familia acomodada. Aínda que puido asistir a unha boa escola na infancia, de seguida tivo que traballar para axudar á súa familia. Inicialmente traballou coma supervisor topográfico, labor que lle permitía o contacto coa natureza. Iniciando así o seu interese pola botánica. Ademais completaba a súa formación por medio da lectura autodidacta.
393.002

edicións