Crise dos mísiles de Cuba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Castelao (conversa | contribucións)
m Elimino homónimos
Liña 6:
As orixes do conflito residen na decisión do [[Partido Comunista da Unión Soviética|Partido Comunista]] soviético de apoiar máis directamente ao goberno revolucionario de [[Cuba]] ao mando de [[Fidel Castro]], debido ao antecedente que se creou coa operación fracasada de [[Invasión de Baía de Cochinos|Baía de Cochinos]], que deu mostras inequívocas de que Estados Unidos non ían permitir un goberno prol-soviético a escasos quilómetros das súas costas.
 
A URSS viu en Cuba a base necesaria para o apoio a novas ondas revolucionarias prol-soviéticas en países americanos, así como pola súa proximidade a [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]], unha base militar desde onde poder ameazar aos Estados Unidos sen que estes tivesen tempo de reacción, igualando así a ameaza que significaba para os soviéticos os mísiles estadounidenses emprazados en [[Turquía]], estado fronteirizo coa URSS, e a [[República Federal Alemá]]. Por iso, o líder soviético [[Nikita Khrushchev]] e o seu goberno decidiron asegurar a illa coa instalación de bases de mísiles, con capacidade para alcanzar Estados Unidos e dispostos para levar cabezas nucleares.
 
A instalación foi descuberta polas fotografías dun avión espía estadounidense, o [[U-2]]. Analistas da [[CIA]] sinalaron ao presidente [[John F. Kennedy]] que estruturas fotografadas en Cuba parecían corresponder a instalacións de mísiles, aínda non operacionais pero que o estarían en pouco tempo. Kennedy, dirixiuse á Nación cunha mensaxe televisada de 17 minutos, o [[22 de outubro]] de [[1962]]. Falou de establecer unha corentena e un cerco ao redor da illa, para cumprir esta medida despregáronse barcos e avións de guerra estadounidenses. Khrushchev dirixiu unha mensaxe a Kennedy o [[24 de outubro]]: