Hernando de Soto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Polo modelo Biografía
Castelao (conversa | contribucións)
m Elimino homónimos
Liña 2:
[[Ficheiro:Hernando de Soto.jpg|250px|miniatura|dereita|Hernando de Soto.]]
 
'''Hernando de Soto''', nado en [[Barcarrota]] en [[1500]] e finado no [[río Mississippi]] o [[21 de maio]] de [[1542]], foi un [[conquistador]] e [[explorador]] [[Estremadura, España|estremeño]]. Viaxou a [[América]] e participou na expedición de [[Gaspar de Espinosa]] que descubriu a costa de [[Nicaragua]], e logo na conquista deste territorio, ás ordes de Francisco Hernández de Córdoba, en 1523. Foi Gobernador da Illa de [[Cuba]] entre [[1538]] e [[1539]] ano en que parte á conquista da [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]].
 
Hai unha discusión sobre se naceu en Jerez de los Caballeros ou en (Villanueva) de [[Barcarrota]], ambas as dúas poboacións da [[provincia de Badaxoz]], Estremadura. No seu testamento expresou o seu desexo de ser enterrado ao morrer, xunto aos restos da súa nai, na capela da Concepción da parroquia de San Miguel en [[Jerez de los Caballeros]].
Liña 21:
Volveu a España en [[1536]] levando con el aproximadamente 100.000 [[Peso (moeda)|Pesos]] de ouro, a súa parte da conquista do Imperio Inca. Neste tempo, De Soto era famoso por ser o heroe da [[Batalla de Cuzco]]. Foi a [[Sevilla]], onde casou, en [[1537]], con Inés de Bobadilla, a filla de Dávila, que pertencía a unha das familias máis respectables de [[Castela]], con influencia na corte española, baixo [[Carlos I de España|Carlos I]]. Este período era o ápice da reputación e da abundancia de Soto.
 
De Soto, vendo os lendarios recursos en Perú e lido un informe escrito por [[Álvar Núñez Cabeza de Vaca]], sospeitou dunha riqueza similar en [[Florida española|Florida]]. Cabeza de Vaca era un de catro sobrevivintes da desastrosa tentativa de [[Pánfilo de Narváez]] para conquistar Florida. De Soto viu a súa ocasión para realizar unha conquista famosa como as de Pizarro e as [[Hernán Cortés|Cortés]]. Foi nomeado [[gobernador]] de [[Cuba]] por Carlos I. De Soto vendeu gran parte dos seus bens e equipouse para a expedición naquelas terras inexploradas. A súa misión era conquistar, situarse, e "pacificar" os territorios descoñecidos.
 
=== Segunda exploración - Florida ===
[[Ficheiro:DeSoto-Hernando-1791.jpeg|miniatura|200px|Hernando de Soto]]
En maio de [[1539]], con entre 600 e 700 homes, vinte e catro sacerdotes, nove naves, e 220 cabalos, chegou á costa occidental de Florida, que se convertería en [[Bradenton]], e sur de [[Tampa]], [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]]. Nomeou ao lugar ''Espírito Santo''. O obxectivo de Hernando de Soto era colonizar a área, preferiblemente buscando unha cidade como [[Cuzco]] ou [[Cidade de México]]. Polo tanto, trouxo varias toneladas de equipo distribuídos en ferramentas, armas, canóns, cans, e porcos. Ademais dos mariñeiros, as naves trouxeron a sacerdotes, ferreiros, artesáns, enxeñeiros, granxeiros e comerciantes. Poucas deles viaxaran antes fose de [[España]], ou peor aínda, fóra das súas aldeas.
 
Comezando no ''Espírito Santo'', de Soto explorou Florida e gran parte dos Estados Unidos meridionais. Xa en Florida, comezou a súa desgraza . No canto de estar cheo de ouro, o país estaba rodeado de pantanos e de mosquitos, e era extremadamente cálido e húmido. Tamén os indios fixeron o seu labor complicado.