Anastasio Somoza Debayle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Elimino homónimos
Liña 24:
 
== Traxectoria ==
Anastasio Somoza Debayle foi o terceiro fillo de [[Anastasio Somoza García]] (chamado "Tacho"), que se converteu en Presidente de Nicaragua en 1936, e de [[Salvadora Debayle de Somoza]]. Sendo o máis xove dos Somoza foi educado en [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] e [[Long Island]] antes de graduarse na Academia Militar de [[West Point]] en [[1946]]. Ao ano seguinte, foi nomeado polo seu pai xefe da Garda Nacional, que era o ente represivo e de sostén do réxime somocista. En decembro de 1950 casa por conveniencia coa súa prima [[Hope Portocarrero Debayle]], con quen tivo cinco fillos: '''Anastasio''', Carolina, Roberto, Carla e Xulio.
 
Tras o asasinato do seu pai en 1956, o maior dos Somoza, [[Luis Somoza Debayle]], accedeu á presidencia. En 1967, pouco despois da morte do seu irmán, Anastasio Somoza foi elixido presidente por primeira vez. Tivo que deixar o cargo en 1972 a causa dunha lei que impedía a reelección inmediata.