Diferenzas entre revisións de «Bandeira de Navarra»

Arranxos
(Arranxos)
(Arranxos)
A '''bandeira de Navarra''' foi deseñada en 1910 por tres persoas afíns ao [[nacionalismo vasco]], [[Arturo Campión]], [[Julio Altadill]] e [[Hermilio de Oloriz]]. Ese mesmo ano aprobouna a Deputación Navarra e foi recoñecida pola Lei Orgánica de Reintegración e Amejoramiento do Réxime Foral de [[Navarra]] (LORAFNA), de 10 de agosto de [[1982]], que establece no seu artigo 7.2: "''A bandeira de [[Navarra]] é de cor vermella, co escudo no centro.''"
 
Así mesmo, o [[escudo de Navarra]] está formado por cadeas de ouro sobre fondo vermello, cunha esmeralda verde no centro de unión dos seus oito brazos de elos e, sobre elas, a Coroa Real, símbolo do antigo [[Reino de Navarra]]. A imaxe das cadeas adoptaríase, segundo unha explicación tradicional, tras a participación de [[Sancho VII]] ''o forte'' na [[batalla de [[Asdas Navas de Tolosa]] no [[1212]].
 
A bandeira de [[Navarra]] vén usándose como símbolo do territorio desde [[1910]]. Elixiuse a cor vermella para o pano por ser esta a cor do campo do escudo.
37.663

edicións