Diferenzas entre revisións de «Orquestra Mallo»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
{{Grupo_musical
| nome = Orquestra Mallo
| xp = blues
| imaxe = [[Ficheiro:1944 Orquesta Mallo.jpg]]
| lenda =
| orixe = [[A Coruña]]
| país = {{GAL}}
| período = [[1930]]-[[2013]]
| xénero = [[musica popular]], [[folk]],
| membros = [[Antonio Mallo]], Daniel Mallo, Juan Mallo, Enrique Sanz, [[Arturo Goncerlián]], Manuel Iglesias Brea, [[Pucho Portela]], Justino Prieto Castro, [[Klaus Martínez Veiga]], Raimundo Pita, Melchor Rodó, [[Pucho Boedo]].
}}
{{FormatoWiki}}
 
A '''Orquesta Mallo''' é un conxunto musical fundado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1930]] polo acordeonista de [[Carballo]] [[Antonio Mallo]]. É unha das orquestras máis antigas de Galiza, e a súa actividade só se viu interrompida pola [[guerra civil española]]. Consolidada e independente, a Mallo é unha das orquestras máis salientables do panorama galego.
 
Dende que Antonio Mallo a fundou, o signo de identificación da orquestra é o acordeón. A testemuña dista tradición musical, que na familia Mallo data do século XIX, foi seguida polo seu sucesor e sobriño, [[Juan Mallo]], que continúa na actualidade dando vida ós antigos costumes acordeonísticos da orquestra. A primeira formación da orquestra Mallo no ano 1930 contou cun dos vocalistas máis famosos da época, [[Pucho Portela]], un saxo, un trompeta e o pianista ferrolano Cerdeiriña, premiado polo Conservatorio de París. Dende este intre a Orquesta Mallo comeza a frecuentar diversas salas e cafés-teatro da época chegando a inaugurar a Sala de festas “O Seixal” (agora xa pechada), unha das pistas máis modernas da vida social coruñesa naqueles tempos.
 
No ano [[1936]] a Orquestra Mallo cesa temporalmente a súa actividade musical por mor da [[guerra civil española]], ata que no ano [[1940]] volve a organizarse, nesa ocasión con Antonio Mallo como líder, Virgilio, José Illañez, [[Arturo Goncerlián]] e [[Pucho Portela]] de violinista. Nesta etapa actuarán por toda España nos cafés-teatros en Bilbao, Barcelona, Toledo, León e na propia Galiza. Na década dos 50, Antonio Mallo e a súa orquestra reúnen por primeira vez aos tres irmáns: Antonio Mallo, Juan e Daniel Mallo. Formará tamén parte da Orquestra Mallo [[Pucho Boedo]], antes de que este formase parte da orquestra [[Los Satélites]], Os Trovadores e chegase a súa fama co grupo vocal [[Os Tamara]]. Comeza así a época dorada da orquesta de Antonio Mallo. Durante os anos [[1960]], [[1961]] e [[1962]] continúan os tres acordeonistas levantando o fervor popular, e fanse famosas as súas actuacións no Kiosko Afonso da Coruña e en diversas vilas e salas de Galiza. Crease a primeira [[Big Band]] á americana con catorce músicos: tres acordeonistas, unha sección de metal de oito compoñentes, repartida en catro saxofonistas, tres trompetistas, un trombonista, e dos membros na parte rítmica, cun contrabaxista, un batería e unha voz solista á fronte. En [[1963]], morre en accidente de caza, Juan Mallo, o mediano dos irmáns Mallo. Dende [[1964]] ata [[1969]] continúan as actuacións e incorpóranse as voces solistas de Pepe e Raimundo Pita.
 
Na década dos setenta un dos hoteis máis importantes da cidade da Coruña, o Finisterre, solicita os servizos da Orquestra Mallo e no [[1973]], xubílase unha das voces míticas da orquesta Mallo, Raimundo Pita, que permaneceu na orquestra durante vinte anos. No [[1974]] as voces deixaron unha pegada na Orquesta Mallo, Raimundo Pita e Melchor Rodó. Este último que foi ademais gañador na 1982 do concurso nacional ''[https://es.wikipedia.org/wiki/Gente_joven Gente Joven]'' da [[TVE]]. Tras 45 anos de dirección musical xubílase Antonio Mallo e continúa coa dirección da orquestra Daniel Mallo, incorporando como pianista ao seu fillo Juan. Na década dos oitenta continúan as actuacións e o éxito da Orquesta Mallo.
 
En [[1985]] Daniel Mallo abandona a participación activa na orquestra, e faise cargo da mesma o seu fillo Juan Mallo, iniciándose con el un período de renovación musical. Na actualidade, a Orquesta Mallo segue coas súas actuacións, tocando temas orixinais dos tres irmáns, facendo festa adaptada a todo o público, pero sen deixar de lado as antigas tradicións acordeonísticas da nosa cultura e guiado sempre polo sucesor da tradición da familia Mallo, o músico Juan Mallo.
* '''Enrique Sanz''': antigo mestre de violín do conservatorio superior de música da Coruña.
* '''Justino Prieto Rodríguez''': ex trompeta solista da banda municipal da Coruña e trompeta primeira en diversas orquestras da época dourada coma Los Satélites ou Los Españoles.
* '''[[Klaus Martínez Veiga]]''': Director musical na última etapa da Orquetra.
* '''Pucho Portela''': cantante violinista e showman, traballou nas mellores orquestras da primeira metade do século XX, formou un dúo co pianista barcelonés Masmitjá e máis tarde fundaría a súa propia orquestra e o Playa Club da Coruña.
* '''Raimundo Pita''': vocalista e Seña de identidade da Orquestra Mallo durante a década dos cincuenta e sesenta.
 
== Véxase tamén ==
* [https://www.youtube.com/watch?v=zU7_6GJAPu8] ''Daniel Mallo e Juan Mallo na [[Televisión de Galicia]]''
* [https://www.youtube.com/watch?v=QbVGdsMhkoY] ''Orquestra Mallo en directo''
=== Ligazóns externas ===
* [https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2007/06/11/ultimo-adios-viejo-director/0003_5889082.htm "El último adios a un viejo director"] en ''La Voz de Galicia''.
* [http://www.orquestamallo.com http://www.orquestamallo.com]
* [http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/06/11/5889082.shtml artigo] en ''La Voz de Galicia'' (ligazón rota).
* [http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/01/25/pucho-boedo-trinta-anos-lenda/1035045.html "Pucho Boedo, trinta anos de lenda"], artigo de Xurxo Souto en ''La Opinión de A Coruña'', 25 de xaneiro de 2016.
* [http://www.lavozdegalicialaopinioncoruna.es/hemerotecacoruna/20012009/0511/15/563000agarrado/335265.shtmlhtml "A era do artigoagarrado"] en ''La Voz de Galicia'' (ligazón rota).
 
{{Control de autoridades}}