Arturo Goncerlián: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Arturo García González''' máis coñecido como Arturo Goncerlián, nado en A Coruña a finais do século XIX e falecido no ano 1969, foi un pianista e compositor<..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de decembro de 2017 ás 14:32

Arturo García González máis coñecido como Arturo Goncerlián, nado en A Coruña a finais do século XIX e falecido no ano 1969, foi un pianista e compositor[1] español.

Traxectoria

Viaxou con diversas compañías de teatro pola zona de Valladolid[2] e Albacete[3] sendo compositor de zarzuela nas mesmas. Foi membro da primeira formación da Orquestra Mallo dende o final da guerra civil española ata o final da década dos corenta. A partir desta data centrouse na súa actividade como compositor. Tivo amizade có empresario teatral e director de escena español Arturo Serrano Arín. No máximo apoxeo da música zarzuela española a principios do século XX compuxo música en colaboración con Joaquín Candela Ardid e Javier de Burgos y Rizzoli. Ademais musicou libretos de zarzuela dos autores españoles Luis Linares Becerra e Emilio Sánchez Pastor

Obras

  • 1908: Zarzuela "La Calumnia": Nun Acto e Tres Cadros[4][5]
  • 1909: Zarzuela Dramática "María de Africa"[6] : En un acto, dividido en cinco cadros[7]
  • 1910: Zarzuela "El clown Bebé": comedia lírica en tres cadros e epílogo.
  • 1910: Zarzuela "A ver si va a poder ser!". dividida en cinco cadros e prólogo.
  • 1910:Zarzuela "Ahí queda eso, o, El belén de don Antonio" : nacemento político nun acto, dividido nun prólogo e tres cadros.
  • 1910: Zarzuela "La corte de Gorgonia"
  • 1915: Vals Lento "Suspiros do mar"
  • 1958: Canciones Populares "Asturias-Galicia-Navarra-Vizcaya"[8]
  • 1958: Canciones Populares "Los chiquis" (grupo musical).


Notas

  1. Fundación Juan March, Biblioteca de teatro español Contemporáneo. "Catálogo de libretos españoles (S. XIX - S.XX)" (PDF). 
  2. Ambiente musical en Valladolid. ""El norte de castilla" 1910-1912" (PDF). 
  3. Estreno El Clown Bebe, Albacete. "La vida escénica en Albacete" (PDF). 
  4. Catálogo mundial en español, Arturo Goncerlián. "Zarzuelas". 
  5. La Calumnia, Zarzuela. "Libreto". 
  6. María de África, Zarzuela. "Libreto". 
  7. Biblioteca digital hispánica, Arturo Goncerlián. "libreto". 
  8. Biblioteca Nacional de España. "Arturo Goncerlián". 

Véxase tamén

Ligazón externas