Talibán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios using AWB
Liña 7:
Despois da caída da prosoviética [[República Democrática de Afganistán]] en [[1992]], Afganistán foise enredando nunha guerra civil entre [[señor da guerra|señores da guerra]], facendo a vida difícil nas zonas rurais e en especial no sueste<ref>Fergusson, James (2010) ''Taliban:The Unknown Enemy'' Da Capro Press:Cambridge, Massachusetts, p. 24</ref> do país habitado polos pashtun. Os talibáns emerxeron eventualmente como unha forza capaz de traer orde ó país. A subida dos talibáns axudou á economía eliminando os pagos que os señores da guerra esixían ós comerciantes, trouxo vantaxes políticas reducindo a loita entre faccións (aínda que o talibáns combateron agresivamente contra os seus inimigos, a súa hexemonía relativa reduciu o número de faccións) e trouxo estabilidade relativa impoñendo un sistema de normas ante unha sociedade caótica. A ideoloxía radical dos talibán apartaría máis adiante a moitos observadores que consideraban inicialmente a súa aparición como positiva. A mitoloxía talibán establece a primavera de [[1994]], co rapto e violación de dúas raparigas nun punto de control [[mujahidin]] na aldea de [[Sang Hesar]] nas aforas de [[Kandahar]]. O mulá local Omar, veterano da facción [[Harakat-i Inqilab-i Islami]] contra o réxime de [[Najibulá]], con outros trinta e tantos talibáns organizou un grupo armado para rescatar as raparigas e colgou o comandante dos mujahidín.
 
Despois deste incidente, Omar fuxiu á provincia veciña de [[Baluchistán]] en [[Paquistán]]. Para o outono de 1994 organizara unha milicia ben armada e ben financiada de 1.500 seguidores e a primeira operación significativa constatada foi en setembro de 1994 co asalto á vila fronteiriza de Spin Boldak controlada polas forzas de [[Gulbuddin Hekmatyar]] conseguindo unha importante cantidade de armamento e munición, Hekmatyar acusou aos paquistanís de estar detrás da vitoria talibán<ref>Sinno, Abdulkader ''Explaining the Taliban’s Ability to Mobilize the Pashtuns'' en Crews, Robert e Tarzi, Amin (2009)''Taliban and the Crisis of Afghanistan'' Harvard University Press, p. 63</ref>. Os talibán fixéronse co control de Kandahar en novembro de 1994 e [[Herat]] en setembro de 1995, aínda que son derrotados nun primeiro intento de tomar a capital a mediados de 1995 continuaron a bombardeala<ref>Gohari, M. J. (2000)''The Taliban:Ascent to Power'' Oxford University Press, p. 9</ref> conseguindo o 27 de setembro de 1996 entrar en Cabul, e aínda que a guerra continuou os talibán declaráronse o goberno lexítimo do país, baseado na lei islámica, colgaron na forca ao ex-presidente [[Mohammad Najibullah]] e entre as súas primeiras medidas estivo a prohición ás mulleres a acceder á educación e ao traballo, así como a imposición de códigos de vestimenta estritos tanto para as mulleres como para os homes<ref>Marsden, Peter (1998) ''The Taliban:War, Religion and the New Order in Afghanistan'' Palgrave Macmillan:Nova York, p. 1</ref> e continuaron ao ano seguinte coa súa política de invisibilidade social da muller, desde a prohibición de facer ruído ao andar ata a prohibición de falar ou viaxar con homes que non foran da súa familia pasando pola prohibición de achegarse ás fiestras das súas casas<ref>Skaine, Rosemarie (2002)''The Women of Afghanistan Under the Taliban''. MacFarland:Jefferson, p. 8</ref>. O [[ataques do 11 de setembro de 2001|ataque terrorista de 2001]] en [[Nova York]] levou á caída dos talibán<ref>Rashid, Ahmed (2002) ''Taliban:Islam, Oil ant the New Great Game in Central Asia'' I.B. Tauris:Londres, p. X</ref> ao pedirlles os Estados Unidos a entrega de [[Osama Binbin Laden]] e logo da súa negativa o 7 de outubro dese ano co apoio das [[Nacións Unidas]] forzas da [[OTAN]] coa colaboración da [[Alianza do Norte]] invadía o país e o 13 de novembro os talibán perdían a capital, organizándose os restos das forzas talibán como guerrillas.
 
== Notas ==