Diferenzas entre revisións de «Orquestra Mallo»

{{listaref}}; arranxiños
({{listaref}}; arranxiños)
{{FormatoWiki}}
 
A '''Orquesta Mallo''' foié fundadaun naconxunto cidademusical dafundado na [[A Coruña|Coruña]] no anoen [[1930]] polo acordeonista galego, de [[Carballo]] [[Antonio Mallo]]. É unha das orquestras máis antigas de Galiza, e funcionoua dendesúa osactividade anos 30se ata hoxe,viu interrompida unicamente pola [[guerra civil española]]. Consolidada e independente, a Mallo é unha das orquestras máis salientables do panorama galego.
 
== Historia ==
No ano [[1936]] a Orquestra Mallo cesa temporalmente a súa actividade musical por mor da [[guerra civil española]], ata que no ano [[1940]] volve a organizarse, nesa ocasión con Antonio Mallo como líder, Virgilio, José Illañez, Arturo Goncerlián e Pucho Portela de violinista. Nesta etapa actuarán por toda España nos cafés-teatros en Bilbao, Barcelona, Toledo, León e na propia Galiza. Na década dos 50, Antonio Mallo e a súa orquestra reúnen por primeira vez aos tres irmáns: Antonio Mallo, Juan e Daniel Mallo. Formará tamén parte da Orquestra Mallo [[Pucho Boedo]], antes de que este formase parte da orquestra [[Los Satélites]], Os Trovadores e chegase a súa fama co grupo vocal [[Os Tamara]]. Comeza así a época dorada da orquesta de Antonio Mallo. Durante os anos [[1960]], [[1961]] e [[1962]] continúan os tres acordeonistas levantando o fervor popular, e fanse famosas as súas actuacións no Kiosko Afonso da Coruña e en diversas vilas e salas de Galiza. Crease a primeira [[Big Band]] á americana con catorce músicos: tres acordeonistas, unha sección de metal de oito compoñentes, repartida en catro saxofonistas, tres trompetistas, un trombonista, e dos membros na parte rítmica, cun contrabaxista, un batería e unha voz solista á fronte. En [[1963]], morre en accidente de caza, Juan Mallo, o mediano dos irmáns Mallo. Dende [[1964]] ata [[1969]] continúan as actuacións e incorpóranse as voces solistas de Pepe e Raimundo Pita.
 
Na década dos setenta un dos hoteis máis importantes da cidade da Coruña, o Finisterre, solicita os servizos da Orquestra Mallo e no [[1973]], xubílase unha das voces míticas da orquesta Mallo, Raimundo Pita, que permaneceu na orquestra durante vinte anos. No [[1974]] as voces deixaron unha pegada na Orquesta Mallo, Raimundo Pita e Melchor Rodó. Este último que foi ademais gañador na 1982 do concurso nacional “Gente''Gente Joven”Joven'' da [[TVE]], sendo gañadora nese mesmo ano [[María del Monte]]. Tras 45 anos de dirección musical xubílase Antonio Mallo e continúa coa dirección da orquestra Daniel Mallo, incorporando como pianista ao seu fillo Juan. Na década dos oitenta continúan as actuacións e o éxito da Orquesta Mallo.
 
En [[1985]] Daniel Mallo abandona a participación activa na orquestra, e faise cargo da mesma o seu fillo Juan Mallo, iniciándose con el un período de renovación musical. Na actualidade, a Orquesta Mallo segue coas súas actuacións, tocando temas orixinais dos tres irmáns, facendo festa adaptada a todo o público, pero sen deixar de lado as antigas tradicións acordeonísticas da nosa cultura e guiado sempre polo sucesor da tradición da familia Mallo, o músico Juan Mallo.
A orquestra aparece mencionada en varias obras literarias:
 
* {{Versaleta|[[Manuel Rivas|Rivas, M.]].}} (1995): ''[[Que me queres, amor?]]'' (1995). Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-027-6. Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996.
* {{Versaleta|[[Xurxo Souto|Souto, X.]].}} (1991): Apólogo Orquestral Pangalaico "A orquestra Mallo, a saga do Mariscal", na Revista oficial da RTVG nº 14 xaneiro dode [[1991]].
*{{Versaleta|Souto, Xurxo SoutoX.}}: "La verbena interminal" revista ''Antena Semanal''.
* "Introito dos Poceiros a Delfín Barral, Acordeóns Poderosos" Revista da [[CRTVG]].
* Diversas actuacións na [[TVG]] nos pogramas,programas "''Gran Casino"'', "''Ruada"'', ,"''Dende Galicia para o mundo"'' e "''Luar"'', dirixidos por [[Xosé Ramón Gayoso]].
 
==Notas==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.orquestamallo.com http://www.orquestamallo.com]
* [http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/06/11/5889082.shtml artigo] en ''La Voz de Galicia'' (ligazón rota).
* [http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/01/25/pucho-boedo-trinta-anos-lenda/1035045.html "Pucho Boedo, trinta anos de lenda"], artigo de Xurxo Souto en ''La Opinión de A Coruña'', 25 de xaneiro de 2016.
* [http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/05/15/563000.shtml artigo] en ''La Voz de Galicia'' (ligazón rota).
 
{{Control de autoridades}}
 
133.912

edicións