Jesús Franco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 7:
Interesado pola música desde pequeno, ingresou, trala [[guerra civil española]], no conservatorio de Madrid, onde estudou piano. Licenciouse en [[dereito]], matriculándose despois no "Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas" (IIEC), onde permaneceu dous anos, mentres escribía libros baixo o pseudónimo de '''David Khunne'''. Tamén compaxinou os seus traballos como director e actor de teatro durante esta época.
 
Viaxou a [[París]], onde estudou técnicas de dirección, e adoitaba pasar o tempo vendo películas na filmoteca da universidade. Ó seu regreso a España empezou a súa carreira como compositor e como axudante de dirección, traballando con directores como [[Juan Antonio Bardem]], [[León Klimovsky]], [[Luis Saslavsky]], [[Julio Bracho]], [[Fernando Soler]] ou [[Joaquín Luis Romero Marchent]]. Tamén traballou en Ágata Films S.A., como escritor e representante. Tío de [[JuliánJavier Marías]], colaboraron xuntos na súa xuventude.
 
Os seus primeiros traballos como director deron como froito películas culturais, normalmente documentais de curta duración sobre diversos temas da esplendorosa España do pasado.