Diferenzas entre revisións de «Guerra hispano-estadounidense»

m
Elimino homónimos
m (Elimino homónimos)
 
== A illa de Cuba de finais do século XIX ==
A illa de [[Cuba]], situada a uns 150 km das costas da [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]], no [[mar Caribe|Caribe]], un verdadeiro ''"Mediterráneo americano"'', pertencía a España desde [[1492]]; é unha das últimas colonias españolas no continente americano. Trátase da illa máis grande das [[Antillas]], cunha posición moi favorable sobre as rutas marítimas internacionais. Os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] sempre se interesaron na explotación destas ricas terras; as súas compañías americanas que explotan as plantacións de cana de azucra, froitas, tabaco así como o mineral de ferro. Os investimentos dos Estados Unidos excedíanse nos 50 millóns de dólares e o comercio con Cuba representaba un 7% do conxunto dos intercambios exteriores dos Estados Unidos.
{{Restauración borbónica en España}}
A isto engádese o nacemento do sentimento nacional en [[Cuba]] influído polas revolucións [[Revolución francesa|francesa]] e [[Guerra de Independencia dos Estados Unidos|estadounidense]], o nacemento dunha burguesía local e as limitacións políticas e comerciais impostas por [[España]] que non permitía o libre intercambio de produtos, fundamentalmente [[azucre de cana]], cos EEUU e outras potencias. A radicalización destes sentimentos provocou que se desatase entre [[1868]] e [[1878]] a [[guerra dos Dez Anos]] baixo a dirección de [[Carlos Manuel de Céspedes]] facendado do oriente de Cuba. A guerra culminou coa firma da [[Pacto de Zanjón|Paz de Zanjón]], que non sería máis que unha tregua.
10.368

edicións