Charlotte Perkins Gilman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 6:
{{wikificar|problemas de formato, texto non en galego, dividir traxectoria en seccións}}
{{Escritora}}
'''Charlotte Anna Perkins''', nada en ([[Hartford, Connecticut|Hartford]], o [[3 de xullo]] de [[1860]] e finada en [[Pasadena,]] o [[17 de agosto]] de [[1935)]], foi unha intelectual norteamericana multidisciplinar, moi activa en defensa dos dereitos civís das mulleres entre finais de 1890 e mediados de 1920. A súa obra máis coñecida é ''The Yellow Wallpaper'' publicada en 1892, un relato curt con tintes autobiográficos escrito tras unha profunda depresión postparto. A súa utopía ''Herland'' (1915), é considerada a precursora da ciencia-ficción feminista moderna. A súa figura servirá de modelo para futuras xeracións de mulleres debido ás súas ideas e o seu estilo de vida pouco ortodoxo para a época.
 
== Biografía ==
Charlotte naceu no estado norteamericano de [[Connecticut]] o 3 de xullo de 1860 na localidade de Hartford. Filla do matrimonio entre Mary A. Fitch Westcott (1829-1893) e Frederic Beecher Perkins (1828-1899) xunto ao seu irmán Thomas Adie Perkins (1859). Os seus outros dous irmáns Thomas Henry (1858) e Mery Clarissa (1866) non chegaron a cumprir o ano de idade.<ref>{{Cita web|url=http://pds.lib.harvard.edu/pds/view/13837801?n=1&oldpds|páxina-web=Harvard University Library (en inglés)|título=Perkins Family genealogical records, after 1926.|data-acceso=01/12/2017}}</ref>
 
O seu pai Frederick, bibliotecario de profesión, pertencía á influyenteinfluente Familia Beecher, entre quen se atopaban: Isabella Beecher Hooker destacada sufragistasufraxista, Harriet Beecher Stowe escritora abolicionista autora da cabana do tío Tom e a educadora conservadora Catharine Beecher.
 
A súa Nai Mary A. Fitch pertence á burguesía conservadora de Rhode Island. En 1859, tralo abandono do fogar por parte do seu marido Frederick, debe facerse cargo ela soa da familia. Nos escritos autobiográficos de Charlotte, son constantes as mencións aos cambios continuos de domicilio pois en ocasións aloxábanse en casas de familiares ou amigos próximos mentres a súa nai buscaba traballo co que poder manter a familia, algo que ela mesma describe como “catro anos durante os que pasa por sete colexios diferentes, algo que termina cando cumpre os 15 anos“. Charlotte pasará tamén longas tempadas convivindo coas súas tías paternas tralo abandono familiar por parte de Frederick.
 
Ao longo do seu adolescencia as súas amizades eran mayoritariamentemaioritariamente femininas, chegando a manter unha estreita relación romántica con Martha Luther, algo que posteriormente Charlotte describirá na súa autobiografía do seguinte xeito: “Estabamos moi unidas únaa coa outra, cada vez máis felices xuntas, ao longo de catro deses intensos anos de mocidade. Ela era a persoa máis próxima e querida que había ter ata ese momento. Era amor, pero non sexo (...) Con Martha, coñecín a felicidade perfecta (...) Non só apreciabámonos moito, senón que nos divertiamos deliciosamente xuntas.”<ref name=":0">{{Cita libro|título=The Living of Charlotte Perkins Gilman|apelidos=Gilman|nome=Charlotte Perkins|editorial=New York & London: D. Appleton & Century Co.|ano=1935|ISBN=978-0060904227|ref=}}</ref>
 
En 1878, aos dezaoito anos, Charlotte consegue matricularse e asistir finalmente de xeito estable á Escola de Deseño de Rhode Island ata que se gradúa en 1883. <ref name=":1">{{Cita libro|título=Charlotte Perkins Gilman: Her progress toward Utopia with selected writings.|apelidos=Kessler|nome=Carol Farley|editorial=Syracuse University Press|ano=1995|ISBN=978-0815603047|ref=}}</ref> Para costearse a súa educación, Charlotte dedícase a dar clases particulares, vender acuarelas e tarxetas de felicitación así como realizar elaborados deseños publicitarios para anuncios, traballos cos que continuará tralo seu graduación para sufragar os seus gastos.<ref name=":0" /> Como curiosidade, comentar que o 8 de agosto de 1880, na súa correspondencia persoal con Martha, Charlotte chega a bautizar orgullosa ao seu proxecto emprendedor baixo o nome de "Perkins & Co. Designers". Foi unha época de adolescencia idílica e gran felicidade para Charlotte a cuxos recordos recorrerá máis adiante nos momentos máis complicados que se aveciñan.