Diferenzas entre revisións de «María Xosé Queizán»

m
m (Desfixéronse as edicións de Amazonia 2017 (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata)
 
== Labor literario ==
A principios dos setenta trasladouse a [[París]], onde coñece a nova novela francesa, o que a axudará a escribir a súa primeira novela, ''A orella no buraco'', obra incluída na [[Nova Narrativa Galega]]. En [[1977]] publica o ensaio ''A muller en Galicia'' ao que lle seguiría en [[1980]] ''Recuperemos as mans'' e, en [[1998]], ''Misoxinia e racismo na poesía de Pondal''. Creou a revista ''[[Festa da Palabra Silenciada]]'', feita só por mulleres, a cal coordina e dirixe dende [[1983]]. En [[1989]] publicou unha obra de teatro, ''Antígona ou a forza do sangue'', coa que queda finalista do [[Premio Álvaro Cunqueiro]]. Outra obra de teatro, ''Non convén chorar máis'', permanece inédita. O seu primeiro poemario ''Metáfora da metáfora'' aparece en [[1991]], seguido por ''Despertar das amantes'' en [[1993]] e Fóra de min en [[1994]]. Como tradutora, figuran no seu haber pezas como: ''O caderno azul'' de [[Marguerite Yourcenar]], e tamén contos de [[Karen Blixen]], [[Emilia Pardo Bazán]] e [[CharloteCharlotte Perkins Gilman]].
 
== Obra ==
20

edicións