Charlotte Perkins Gilman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Traducido do artigo realizado na Wikipedia por Amazonia_2017
mSen resumo de edición
Liña 40:
Despois de que a súa nai morrese en 1895, Charlotte decidiu regresar ao leste por primeira vez en oito anos. Alí entrou en contacto con George Houghton Gilman, primo seu ao que non vira en aproximadamente quince anos, que era un avogado de Wall Street. Con 40 anos de idade, Charlotte volverá contraer matrimonio por segunda vez, o 11 de xuño de 1900, co seu primo Houghton Gilman, un home solidario coas súas aspiracións feministas que soubo apoiala nos seus proxectos e darlle a liberdade necesaria para realizar o seu traballo.<ref name=":3" /> O seu matrimonio non se parecía en nada ao precedente con Walter. Dous anos despois, en 1902, nacerá o seu fillo Yadir Gilman.
 
En 1903 escribiu un dos seus libros máis aclamados pola crítica, ''The Home: Its Work and Influence'', que ampliaba o contido de ''Women and Economics'', afirmando que as mulleres están oprimidas nas súas casas e que a contorna no que viven debe modificarse polo seu saúde mental. Entre as viaxes e a escritura, a súa carreira como figura literaria estaba asegurada.<ref name=":3" /> Charlotte estenderá o seu prolífico periodo creativo, comezando a publicación como editora e escritora da revista "''The Forerunner''" que desde 1909 ata 1916 dará difusión a gran parte da súa ficción.
 
Entre as viaxes e a escritura, a súa carreira como figura literaria estaba asegurada. Charlotte estenderá o seu prolífico periodo creativo, comezando a publicación como editora e escritora da revista "''The Forerunner''" que desde 1909 ata 1916 dará difusión a gran parte da súa ficción.
 
En 1925, finaliza o seu autobiografía, ''The Living of Charlotte Perkins Gilman'', que se publicará máis tarde a título póstumo. Así mesmo, continuará dando conferencias reivindicando a independencia económica das mulleres. Tras varios anos vivindo en [[Nova York]], Charlotte, Houghton Gilman e o seu fillo Yadir trasládanse á antiga casa de Houghton en Norwich, Connecticut. En 1934, trala repentina morte do seu marido dunha [[Hemorraxia cerebral|hemorragia cerebral]], Gilman regresa a Pasadena (California), xunto á súa filla. Ao pouco tempo, se lle diagnosticará un cancro de peito incurable.<ref>{{Cita libro|título=Building Domestic Liberty: Charlotte Perkins Gilman's Architectural Feminism|apelidos=Wynn Allen|nome=Polly|editorial=Massachusetts: University of Massachusetts Press|ano=1928|ISBN=978-0-87023-628-0|ref=}}</ref> Apenas un ano despois, en 1935, Charlotte, firme defensora da [[eutanasia]] para os enfermos terminales, decidirá non continuar vivindo coa súa enfermidade e suicidarase cunha sobredosis de cloroformo o 17 de agosto de 1935 morrendo rápida e tranquilamente.<ref name=":3" /> Na súa nota de suicidio escribirá: "Cando toda a utilidade terminou, cando un ten a certeza dunha morte inminente e ineludible, é o máis simple dos dereitos humanos elixir unha morte fácil e rápida en lugar dunha morte lenta e horrible".<ref name=":1" />