Charlotte Perkins Gilman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Traballo de traducción {en construcción}
 
mSen resumo de edición
Liña 1:
Charlotte Anna Perkins (Hartford, 3 de xullo de 1860 – Pasadena, 17 de agosto de 1935), foi unha intelectual norteamericana multidisciplinar, moi activa en defensa dos dereitos civís das mulleres entre finais de 1890 e mediados de 1920. A súa obra máis coñecida é O papel pintado amarelo [1] publicada en 1892, un relato breve con tintes autobiográficos escrito tras unha profunda depresión postparto. A súa utopía Herland (1915), é considerada a precursora da ciencia-ficción feminista moderna. A súa figura servirá de modelo para futuras xeracións de mulleres debido ás súas ideas e o seu estilo de vida pouco ortodoxo para a época.
 
== Biografía ==
Charlotte naceu no estado norteamericano de Connecticut o 3 de xullo de 1860 na localidade de Hartford. Filla do matrimonio entre Mary A. Fitch Westcott (1829-1893) e Frederic Beecher Perkins (1828-1899) xunto ao seu irmán Thomas Adie Perkins (1859). Os seus outros dous irmáns Thomas Henry (1858) e Mery Clarissa (1866) non chegaron a cumprir o ano de idade.[1]
 
Liña 43 ⟶ 44:
En 1925, finaliza o seu autobiografía, The Living of Charlotte Perkins Gilman, que se publicará máis tarde a título póstumo. Así mesmo, continuará dando conferencias reivindicando a independencia económica das mulleres.
Tras varios anos vivindo en Nova York, Charlotte, Houghton Gilman e o seu fillo Yadir trasládanse á antiga casa de Houghton en Norwich, Connecticut. En 1934, trala repentina morte do seu marido dunha hemorragia cerebral, Gilman regresa a Pasadena (California), xunto á súa filla. Ao pouco tempo, se lle diagnosticará un cancro de peito incurable. Apenas un ano despois, en 1935, Charlotte, firme defensora da eutanasia para os enfermos terminales, decidirá non continuar vivindo coa súa enfermidade e suicidarase cunha sobredosis de cloroformo o 17 de agosto de 1935 morrendo rápida e tranquilamente. Na súa nota de suicidio escribirá: "Cando toda a utilidade terminou, cando un ten a certeza dunha morte inminente e ineludible, é o máis simple dos dereitos humanos elixir unha morte fácil e rápida en lugar dunha morte lenta e horrible.
 
== Bibliografía traduída da autora ==
 
{{Commons|Charlotte Perkins Gilman}}