Bochica: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1:
[[Ficheiro:Bochica.jpg|miniatura|250px|Estatua de Bochica en [[Cuítiva]].]]
'''Bochica''' (tamén chamado '''Nemquetaha''', '''Nemqueteba''' e '''Sadigua''') é unha figura da [[Relixión muisca|relixión]] dos [[Pobo muisca|muiscas]], un pobo que habitou o [[Altiplano Cundiboyacense]] no momento da chegada dos conquistadores españois nas terras altas dos [[Andes]] de [[Colombia]]. Era o heroe fundador da súa civilización, que segundo a lenda trouxo as leis e a moral ás persoas e ensinoulles agricultura e outras artesanías.<ref name="silverberg">Silverberg, 1996</ref>
== Lenda ==
Segundo as lendas musicas, Bochica era un home barbudo que veu do lete. El trouxo ós primitivos muiscas normas morais e éticas para organizar os seus estados, cun líder espiritual e outro líder secular. Bochica lle ensinou á xente agricultura, o traballo do metal e outras artesanías. Despois marchou cara ó oeste para vivir como un [[Ascetismo|asceta]]. Cando os muiscas desenvolveron as ensinanzas de Bochica e comezaron unha vida de excesos, produciuse un gran asulagamento na [[sabana de Bogotá]], onde vivían. Para axudar ó pobo, Bochica regresou nun arco da vella e cun golpe do seu bastón, creou a [[fervenza de Tequendama]] para drenar as augas do asulagamento.<ref name="silverberg">Silverberg, 1996</ref>
Bochica apareceu en [[Pasca]] en [[Cundinamarca]] e despois en [[Gámeza]], [[Boyacá]], onde o pobo lle amosou hospitalidade. Despois retirouse á cova de Toya, onde foi visitado por moitos ''[[cacique]]s'' pola súa sabedoría. Os ''caciques'' de [[Tópaga, Boyacá|Tópaga]], [[Tota, Boyacá|Tota]], [[Pesca]], [[Firavitoba]] e outros consultaron a Bochica. Despois, a deidade suprema dos muiscas, [[Chiminigagua]], enviouno a [[Sogamoso|Sugamuxi]], a cidade sagrada onde se atopaba o [[Templo do Sol (Sogamoso)|Templo do Sol]] e onde se fixeron festivais na honra da súa chegada.<ref>Ocampo López, 2013, Ch.5, p.37</ref>
== Notas ==
|