Abrir o menú principal

Cambios

m
Elimino homónimos
 
== Resumo do seu reinado ==
Durante o reinado de Filipe II conquistáronse as illas [[Filipinas]] e estableceuse unha colonia na [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]]. O [[25 de xullo]] de [[1554]] converteuse en rei de [[Inglaterra]] a través do seu casamento con [[María I de Inglaterra]].
 
O proxecto de unión persoal dos dous países fallou pola morte de María en 1558, antes de ter descendencia de Filipe. En [[1565]] estableceuse o comercio a través do [[Pacífico]] entre [[Asia]] e [[América]] por medio dos [[galeón]]s de [[Manila]].
Unha vez descuberto o circuíto de correntes oceánicas e ventos favorábeis para a navegación entre [[América]] e as Filipinas, estableceuse a rota regular de frotas entre [[Manila]] e [[Acapulco]] coñecida como o [[Galeón de Manila]].
 
[[Florida española|Florida]] foi colonizada en [[1565]] por [[Pedro Menéndez de Avilés]] ao fundar [[San Agustín, Florida|San Agustín]], e ao derrotar rapidamente un intento do capitán francés [[Jean Ribault]] con 150 homes de establecer un posto de aprovisionamento en territorio español. San Agustín converteuse rapidamente nunha base estratéxica de defensa para os barcos españois cargados co ouro e a prata que regresaban desde os dominios das Indias.
 
No Pacífico sur, fronte ás costas do actual [[Chile]], [[Juan Fernández (mariño)|Juan Fernández]] descubriu unha serie de illas entre os anos [[1563]] e [[1574]].<ref>Oficialmente dase como data do seu descubrimento o 22 de novembro de 1574.</ref> Púxolle o seu propio nome a este arquipélago, e aínda hoxe al illas son coñecidas como [[Arquipélago Juan Fernández]].
9.931

edicións