Diferenzas entre revisións de «As Oiras, Alfoz»

quito lugares que xa están no modelo e mapa que xa está na ficha
m (→‎Outros artigos: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san)
(quito lugares que xa están no modelo e mapa que xa está na ficha)
}}
'''San Mamede das Oiras''' é unha freguesía do concello de [[Alfoz]]. En 2004 tiña 110 habitantes distribuídos en 15 entidades de poboación e 3 lugares, cunha densidade de 12,8 hab./km². Segundo o [[IGE]], no 2014 a súa poboación descendera ata os 80 habitantes, sendo 36 homes e 44 mulleres.
 
As entidades de poboación son Aguillón (11), Arriba do Río (6), O Cabradoiro (4), A Igrexa (3), Ínsua Nova (9), Insua Vella (1), O Pazo (1), O Rego do Aro (4), A Ribeira (1), O Río das Donas (4), A Rúa de Escourido (2), A Rúa (16), Sesín (7), A Trabada (2) e O Xogral (9). Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son As Airas, O Leboreiro e A Pena Mosqueira.
 
Ten unha superficie de 8,57 km². Limitada ao norte coa parroquia de [[Lagoa, Alfoz|Lagoa]], ao sur coas do [[O Pereiro, Alfoz|Pereiro]] e [[Figueiras, Mondoñedo|Figueiras]] (do concello de [[Mondoñedo]]), aoo leste con [[Adelán, Alfoz|Adelán]] e Figueiras, e ao oeste co Pereiro.
 
O '''cruceiro das Oiras''' é un dos numerosos [[cruceiro]]s da comarca. Do século XIX, está realizado en granito, ten unha cruz que presenta no anverso un Cristo crucificado, e no reverso a Virxe Dolorosa. O capitel ten forma de tronco piramidal, con decoración de volutas. O fuste é octogonal co pedestal cúbico.
 
==Galería de imaxes==
<gallery>
Ficheiro:Parroquias de Alfoz.png|As nove parroquias que conforman o concello de Alfoz.
</gallery>
 
==Lugares e parroquias==
99.385

edicións