América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Minería: texto traducido desde a wiki .ca:Amèrica_del_Nord#Mineria
Castelao (conversa | contribucións)
m Elimino homónimos
Liña 74:
O éxito da conquista castelá na zona meridional de América do Norte foi debido, en gran parte, ás loitas que enfrontaban aos diferentes pobos indíxenas da rexión. A desorde interna era especialmente grave no [[Aztecas|Imperio Azteca]], civilización que caeu ante Cortés en [[1521]]. Os aztecas eran odiados por gran parte das súas tribos vasalas especialmente polos [[tlaxcaltecas]], os cales convertéronse en aliados de [[Hernán Cortés]]. Debido a esta circunstancia e a superioridade das armas europeas, a vitoria castelá foi rápida.<ref>Laura Matthew i Michel R. Oudijk: ''Indian conquistadors: indigenous allies in the conquest of Mesoamerica''. Editado pola Universidade de Oklahoma Press, [[2007]]. ISBN 0-8061-3854-8.</ref>
 
Os [[civilización maia|maias]], outro pobo indíxena que poboaba a [[Península de Iucatán]], non foron capaces de ofrecer unha resistencia efectiva aos casteláns. Aínda que un elevado número de [[Pobos indíxenas de América|amerindios]] de [[México]] e da [[América Central]] foron exterminados durante a conquista e o dominio castelán ou se mesturaron cos [[conquistador]]es, o feito é que os maias e outros pobos indíxenas puideron sobrevivir ata os nosos días. Os descendentes deste [[mestizo|mestizaxe]] constitúen a maioría da poboación actual desta parte do subcontinente.<ref>David E. Stannard: American holocaust: the conquest of the New World. Editat per Oxford University Press US, [[1993]]. ISBN 0-19-508557-4</ref> [[Hernán Cortés]] chegou á [[Baixa California]] en [[1536]]<ref>[http://www.icorso.com/cola44_2.html Biografía de Hernán Cortés] (en castellà)</ref> as expedicións máis importantes durante a primeira parte do [[século XVI|século {{Versaleta|xvi}}]] foron as de [[Pánfilo de Narváez]] e [[Álvar Núñez Cabeza de Vaca]], os cales exploraron parte de [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]], as costas septentrionais e orientais do [[Golfo de México]], e parte do norte de [[México]] entre [[1528]] e [[1536]].<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/n/narvaez.shtml Panfilo de Narvaez: Explorer] (en inglés)</ref><ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/d/devaca.shtml Álvar Núñez Cabeza de Vaca: Explorer] (en inglés)</ref> [[Hernando de Soto]] chegou o [[río Mississippi]] en [[1541]],<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/d/desoto.shtml Hernando De Soto: Explorer] (en inglés)</ref> i [[Francisco Vázquez de Coronado]] explorou extensas áreas do sueste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] entre [[1540]] e [[1542]].<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/c/coronado.shtml Francisco Vasquez de Coronado: Explorer and Conquistador] (en inglés)</ref> o asentamento permanente europeo máis antigo en [[Estados Unidos]] é San Agustín ([[Florida, Estados Unidos de América|Florida]]), o cal foi fundado en [[1565]] polo [[Asturias|asturiano]] [[Pedro Menéndez de Avilés]].<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/a/aviles.shtml www.enchantedlearning.com] (en inglés)</ref>
 
Antes de [[1600]], os casteláns dominaran os pobos indíxenas das illas máis grandes das [[Antillas]], de [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] e do sur de [[México]]. Por motivos administrativos, as colonias creadas pola [[Coroa de Castela]] na área de [[México]] agrupáronse no [[vicerreinado de Nova España]]. Logo de consolidar o seu control sobre [[Nova España]], as autoridades castelás avanzarón gradualmente cara ao norte, completaron a [[Conquista do Imperio Azteca|conquista de México]] e ocuparon grandes zonas do sur do que hoxe en día son os [[Estados Unidos de América]]. A audiencia de Guadalajara comprendía os estados do norte de México e os actuais [[Texas]] e [[Novo México]] nos Estados Unidos.<ref>Gerhard, Peter. [[2000]]: ''Geografía histórica de la Nueva España, [[1519]] - [[1821]]''. Cidade de México: Universidad Nacional Autónoma de México.</ref>
 
=== A colonización francesa e inglesa ===
Liña 83:
Mentres [[Castela]] consolidaba a súa posición na América do Norte meridional, [[Francia]] e [[Inglaterra]] exploraron e colonizaron o subcontinente desde o [[Canadá]] cara ao sur. En xeral, [[Inglaterra]] e [[Castela]] eran aliados en política internacional durante a primeira metade do [[século XVI|século {{Versaleta|xvi}}]], polo que os ingleses non intentaron competir con [[Castela]] en Norteamérica. [[Francia]] (o principal rival de Castela pola hexemonía en [[Europa]]) entrou na carreira colonial con algún atraso, con todo, as súas adquisicións no [[América|Novo Mundo]] foron importantes. Así, en [[1524]], o navegante [[Florencia|florentino]] [[Giovanni da Verrazzano]], ao servizo de [[Francia]], percorreu a costa norteamericana desde o [[cabo Fear]], ao norte, ata o punto no que normalmente se identifica como [[Illa de Cabo Bretón]]. No curso desta viaxe explorou as baías de [[Rhode Island|Narragansett]] e [[Nova York]].<ref>Richard E. Bohlander (editor): ''World Explorers and Discoverers''. [[Nova York]] et al.: Macmillan publishing co. ([[1992]]).</ref> Pola súa banda, o francés [[Jacques Cartier]] realizou tres viaxes entre [[1534]] e [[1542]], e explorou a costa que hai entre o [[Golfo de San Lourenzo]], o [[río San Lourenzo]] e un asentamento de pobos amerindios onde máis tarde se situaria [[Montreal]].<ref>Simon Dresner: ''Rivers of Destiny''. Aldus Books Limited, [[Londres]], [[1971]].</ref><ref>Richard E. Bohlander (editor): ''World Explorers and Discoverers''. Macmillan publishing company, [[Nova York]] et al., [[1992]].</ref> [[Francia]] reivindicou a parte setentrional de América do Norte a partir de todas estas expedicións pero, debido á crise provocada en Francia pola [[Reforma protestante]], os franceses víronse obrigados a suspender a actividade colonial durante máis de medio século. Con todo, desde [[1599]], estableceu postos de comercio de peles ao longo do [[río San Lourenzo]] e, posteriormente, numerosos sacerdotes [[Compañía de Xesús|xesuítas]] franceses chegaron a estas rexións. Entre os máis destacados destes exploradores atópase [[Samuel de Champlain]] (o cal fundou [[Quebec]] en [[1608]] e explorou o territorio onde hoxe se atopa [[Nova York]]),<ref>[http://www.blupete.com/Hist/BiosNS/1600-00/Champlain.htm#rfn2 www.blupete.com] (en inglés)</ref> o misionero xesuíta [[Jacques Marquette]] e o navegante [[Louis Jolliet]], os cales percorreron xuntos a parte superior do [[río Mississippi]] e baixaron cara ao sur ata a rexión que hoxe en día ocupa [[Arcansas]].<ref>[http://library.thinkquest.org/J002678F/father_marquette.htm www.library.thinkquest.org] (en inglés)</ref><ref>[http://library.thinkquest.org/J002678F/jolliet.htm ThinkQuest] (en inglés)</ref> O [[1682]], un dos máis destacados pioneiros de Norteamérica [[Robert Cavalier]] e o seu socio, o [[italia]]no [[Henri de Tonty]], percorreron o Mississippi dende a súa unión co [[río Ohio]] ata o [[Golfo de México]], e reclamaron todos os territorios bañados por aquel río para [[Luís XIV de Francia]].<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/l/lasalle.shtml René-Robert Cavelier, Sieur de La Salle: North American Explorer] (en inglés)</ref><ref>[http://www.thecanadianencyclopedia.com/index.cfm?PgNm=TCE&Params=A1ARTA0008041 The Canadian Encyclopedia] (en inglés)</ref> É na súa honra que bautizaron estas terras co nome de [[Luisiana]].<ref>[http://www.babynames.com/name/LOUISIANA BabyNames] (en inglés)</ref>
 
A coroa inglesa reclamou os seus dereitos sobre Norteamérica baseándose na viaxe de [[Xoán Caboto|Giovanni Caboto]] entre [[1497]] e [[1498]], pero durante case un século non fixo ningún intento de [[colonización]]. A primeira colonia inglesa en América do Norte foi fundada en [[1583]] preto da actual cidade de [[Saint John's, Terra Nova e Labrador|Saint John's]] ([[Terra Nova]]) polo navegante e soldado [[Humphrey Gilbert]],<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/g/gilbert.shtml Sir Humphrey Gilbert: Explorer] (en inglés)</ref> pero os colonizadores volveron a [[Inglaterra]] ese mesmo ano. Noutras dúas ocasións (nos anos [[1585]] e [[1587]]) [[Walter Raleigh]] intentou establecer unha colonia na [[illa de Roanake]] ([[Carolina do Sur]]) pero, cando os exploradores ingleses visitaron Roanoke en [[1591]] non encontraron rastro dos colonos.<ref>[http://statelibrary.ncdcr.gov/nc/ncsites/English2.htm#Find First English Settlement in the New World] (en inglés)</ref> Non foi ata o ano [[1607]] en que se fundou a primeira colonia inglesa permanente en América do Norte, a de [[Jamestown, Virxinia]].<ref>[http://www.historyisfun.org/Jamestown-Settlement.htm Jamestown Settlement] (en inglés)</ref> Máis tarde foi creada en [[1620]] a colonia de Plymouth, ás beiras da baía do [[Cabo Cod]],<ref>[http://www.plimoth.org/education/teachers/timeline.php Timeline of Plymouth Colony [[1620]] - [[1692]]] (en inglés)</ref> e a colonia da baía de [[Massachusetts]] estableceuse entre os anos [[1628]] e [[1630]].<ref>[http://colonialancestors.com/ma/colony.htm Massachusetts Colony] (en inglés)</ref> Despois de [[1630]], os ingleses colonizaron sistematicamente todo o litoral atlántico entre [[Acadia]] (unha antiga colonia francesa) e [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]]. O [[1664]] anexionáronse a colonia holandesa de [[Nova Ámsterdan]] (fundada en [[1624]]) e que rebautizaron como [[Nova York]],<ref>[http://www.dinsdoc.com/schoolcraft-1.htm The Capture of New Amsterdam] (en inglés)</ref> e os asentos xunto ao [[río Delaware]] que os holandeses arrebataran aos colonos [[Suecia|suecos]] en [[1655]].<ref>[http://portal.delaware.gov/facts/history/delhist.shtml State of Delaware (A brief history)] (en inglés)</ref>
 
A principios da década de [[1690]], a maior parte de América do Norte (desde [[Canadá]] ata o [[Golfo de México]]) estaba ocupada por [[Francia]] e [[Inglaterra]] . As colonias francesas estaban moi dispersas: os principais asentamentos atopábanse no [[Canadá]] e preto da desembocadura do [[río Mississippi]], mentres que unha liña de postos comerciais e militares, situada ao longo dos cursos fluviais dos ríos [[río Ohio|Ohio]] e [[río Mississippi|Mississippi]], conectaba ambas as rexións.<ref>''The French Founders of North America and Their Heritage'', Sabra Holbrook, Atheneum, [[Nova York]], [[1976]]. ISBN 0-689-30490-0.</ref> As posesións inglesas consistían en doce colonias que se estendían polo litoral atlántico. A decimotercera, [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]], foi incorporada o [[1732]].<ref>[http://www.historywiz.com/georgia.htm The Colony of Georgia] (en inglés)</ref>
Liña 216:
A [[agricultura]] é relativamente máis importante en [[México]] que nos demais países de América do Norte e, segundo datos do ano [[2003]], proporcionaba emprego a máis do 25% da man de obra (fronte ao 3% dos [[Estados Unidos]] e [[Canadá]]).<ref>[http://www.trilateral.org/NAGp/regmtgs/nycpdf_folder/agricultural_trade.pdf Agriculture and Trade in North America] {{en}}</ref> A [[agricultura de subsistencia]] é importante en todo [[México]], especialmente no sur, con todo, a agricultura comercial desenvolveuse adecuadamente en moitas áreas, sobre todo na chaira central e o norte do país. Os principais [[cultivo]]s son o [[millo]], o [[sorgo]], o [[trigo]] e os [[feixón]]s (destinados todos eles, na súa maior parte, o consumo doméstico), e o [[algodón]], o [[café]] e a [[cana de azucre]], cultivados principalmente para o [[exportación]]. Tamén produce importantes cantidades de [[froita]]s (como [[Laranxa (froita)|laranxa]], [[manga]], [[limón]], [[lima]], [[sandía]], [[uva]] e [[papaia]], entre outros), e desenvolve unha notable actividade gandeira ([[vacún]]).<ref>[http://www.economywatch.com/agriculture/country-wide/mexico.html EconomyWatch] {{en}})</ref><ref>[http://countrystudies.us/mexico/69.htm U.S. Library of Congress] {{en}}</ref><ref>[http://www.nationsencyclopedia.com/economies/Americas/Mexico-AGRICULTURE.html Encyclopedia of the Nations] {{en}}</ref>
 
A agricultura nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e no [[Canadá]] está dominada por [[granxa]]s moi mecanizadas, as cales producen inmensas cantidades de [[cultivo]]s e produtos gandeiros. As [[Grandes Chairas]] do centro dos Estados Unidos e de parte do [[Canadá]] ([[Alberta]], [[Manitoba]] e [[Saskatchewan]]) son importantes produtoras mundiais de [[cereal|cereais]] (en especial [[trigo]], pero tamén [[cebada]], [[avea]], [[centeo]] e [[sorgo]]), sementes oleaxinosas e [[gando]] ( [[gando vacún|vacún]], destinado á [[industria láctea]] e cárnica, e la). Outra zona agrícola importante é o cinto do [[millo]] (''Corn Belt'' en [[lingua inglesa|inglés]]) que se atopa desde o oeste de [[Ohio]] ata o leste de [[Nebrasca]]) e que produce as maiores colleitas mundiais de [[millo]], ademais de importantes cantidades doutros [[cereal|cereais]], brotes de [[soia]], gañado [[gando vacún|vacún]] e [[porcino]]. A agricultura en [[California]] produce unha enorme cantidade de cultivos de [[regadío]] de gran valor, especialmente [[froita]]s e [[hortaliza]]s. [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] e [[Texas]] tamén son grandes produtores de froitas e hortalizas, mentres que os estados de [[Idaho]], [[Estado de Washington|Washington]], [[Oregón]], [[Maine, Estados Unidos de América|Maine]], [[Dacota do Norte]] e o sueste do [[Canadá]] o cultivo de [[pataca]]s. Outros produtos agropecuarios relevantes son o [[algodón]], as [[aves]], os [[produtos lácteos]] e a [[cana de azucre]].<ref>[http://www.fao.org/ES/ess/census/wcares/canada_2000.pdf Canada - Agricultural Census 2001] {{en}}</ref><ref>[http://www.epa.gov/agriculture/ag101/cropmajor.html Major Crops Grown in the United States] {{en}}</ref>
 
=== Silvicultura e pesca ===