Fuco Gómez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Xas (conversa | contribucións)
m elimino homónimos
Liña 4:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Fuco Gómez presenta a enseña de Hijos de Becerreá y su Comarca 1927.jpg|miniatura|250px|Fuco Gómez presenta a enseña de Hijos de Becerreá y su Comarca, 1927.]]
Residiu en [[Cuba]], a onde chegou en [[1913]], a maior parte da súa vida. Autodidacta, participou activamente en actividades políticas no seo da colonia galega e comezou a escribir en publicacións como ''[[Galicia (A Habana)|Galicia]]'', ''[[Heraldo de Galicia (A Habana)|Heraldo de Galicia]]'' e ''[[Eco de Galicia]]'' defendendo a independencia de Galicia e a súa lingua. Tamén chegou a ser presidente da Sociedad de Instrucción de Becerreá y su contorno. Participou na constitución das primeiras organizacións políticas galegas, como a [[Irmandade Galega da Habana]] en [[1917]], o [[Partido Autonomista Galego]] dous anos máis tarde, e ao ano seguinte a [[Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana]] e o [[Comité Revoluzonareo Arredista Galego]], de carácter independentista. Para a Xuntanza Nacionalista Galega dirixiu a revista ''[[Nós (A Habana)|Nós]]'' e a publicación ''[[Terra Gallega (A Habana)|Terra Gallega]]''.
 
Na [[Segunda República Española|Segunda República]] volveu para Galiza en [[1932]] co obxectivo de defender o independentismo, mais cun rotundo fracaso, pois os [[galeguista]]s considerárono un aventureiro. Tamén se dedicou a recoller palabras e refráns populares. Publicou varios artigos en ''[[A Fouce (Buenos Aires)|A Fouce]]''. Regresou a Cuba en [[1935]].