Jesús Franco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-uct- > -ut-.
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 23:
Entre os seus actores máis destacados están [[Howard Vernon]], [[Antonio Mayans]], [[Christopher Lee]], [[Klaus Kinski]], [[Jean Servais]], [[Santiago Segura]], [[Fernando Fernán Gómez]] e [[Aldo Sambrell]]. Entre as súas musas ou actrices fetiche están [[Diana Lorys]], [[Maria Rohm]], [[Soledad Miranda]] ou [[Lina Romay]]. Esta última é a máis representativa e foi a súa derradeira compañeira sentimental.
 
Durante os anos 80 moitas das súas películas foron calificadasclasificadas como X polos comités de censura de diversos países. Estreáronse versións das súas películas cunha metraxe bastante recortada (ata 40 minutos), algo que el non comprendía. Respondeu con incursións no cine puramente porno, algo que moitos dos seus fans tampouco souberon comprender.
 
A principios dos 90 foi contactado pola Sociedade Estatal para a [[Exposición Universal de Sevilla de 1992]] para recompilar o material e montar a película que se estrearía co título de ''Don Quijote de Orson Welles'', unha película que o director americano rodara ó longo de décadas e deixara inacabada. Tras moito tempo de traballo e montaxe, estreou finalmente a película, aínda que non recibiu unha moi boa acollida pola crítica.
Liña 29:
Tras anos nos que as películas de Franco só se podían ver ocasionalmente en España a través de ediciones en vídeo, en 1996 estrea no cine ''Killer Barbys'', o que coincidiu cunha homenaxe en [[Nova York]] (onde recibiu un premio de mans de [[Roger Corman]]) e unha reivindicación xeral da súa obra.
 
Posteriormente a produción de Jess foi descendendo notablemente, aínda que seguiu rodando. Os seus máis recentes traballos foron como actor para películas dos seus colaboradores [[Pedro Temboury]] e [[José Roberto Vila]]. Tamén traballou como actor en moitas das súas películas e no clásico de Fernando Fernán Gómez ''El extraño viaje'' (1964), considerado un dos mellores filmes españolesespañois de tódolos tempos.
 
En 2006 apadriñou o colectivo español [[Digital 104]], que como el, defende a produción en formato dixital fronte ó problemático celuloide. Foi tamén o gran protagonista do documental ''The Life and Times of Jess Franco'' (2006), de [[José Luis García Sánchez]]. En [[2009]] recibou o [[Premios Goya|Goya]] de [[Premio Goya de honra|honra]].