Leonardo da Vinci: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Primeiras obras: ligazón e referencia
m →‎Primeiras obras: arranxiño
Liña 196:
[[Ficheiro:Leonardo_da_Vinci_Annunciation.jpg|miniatura|250px|esquerda|''Anunciación'' (Leonardo, Uffizi).]]
O primeiro traballo de Leonardo que se coñece é unha parte do ''Bautismo de Cristo'' de Verrocchio e os seus alumnos.<ref name=attr>{{Cita web|url=http://cavallinitoveronese.co.uk/general/view_artist/45 |título=A guide to the works of the major Italian Renaissance Painters: Verocchio |editor=Caballini to Veronese |autor= Little Ninja Media
|lingua=en |dataacceso= 9 de setembro do 2017}}</ref> Outras pinturas que parecen datar deste período son dúas ''[[Anunciación (Leonardo, Uffizi)|Anunciacións]]''. Unha delas é pequena, 59 centímetros de longo e 14 de alto; trátase dunha "[[predela]]" para ir na base dunha composición máis grande, neste caso un cadro de [[Lorenzo di Credi]] do cal foi separada. A outra é un traballo moito máis grande, de 217 centímetros de longo.<ref>della Chiesa, 1967, pp. 88, 90</ref> Nestas dúas Anunciacións, Leonardo representou a Virxe María sentada ou de xeonllos á dereita da imaxe, cun anxo de perfil que se achega a ela desde a esquerda. Gran parte do seu traballo realizouno no movemento da roupa e as ás do anxo, e aínda que anteriormente foi atribuído a Domenico Ghirlandaio, é agora case universalmente atribuído a Leonardo.<ref>Berti, Luciano (1971). The Uffizi. pp. 59–62.</ref> Entre 1478 e 1482, pintou a ''[[Madonna Benois]]'', unha obra que lle foié atribuída pero cuxa data de execución é moi debatida.<ref>"Leonardo", ''Los grandes genios del arte'', n.º 17, Eileen Romano (dir.), Unidad Editorial, S.A., 2005, ISBN 84-89780-69-2</ref> Datada contra 1474-1476, outra pintura que se lle atribuíu ao pintor florentino é un pequeno ''Retrato de Xenebra de Benci''. A ''Virxe do caravel'', cuxa data de execución presúmese que foi ó redor de 1473, é outra das súas obras deste período.<ref>[https://www.pinakothek.de/kunst/meisterwerk/leonardo-da-vinci/madonna-mit-der-nelke Ficha do cadro] na [[Pinacoteca Antiga de Múnic]]</ref>
 
==== Década de 1480 ====