Walter Benjamin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
poño foto e arranxiños
Liña 1:
{{Biografía
|nome = Walter Benjamin
|imaxe = Grab Walter Benjamin.jpg
|imaxe_tamaño = 225px
|descrición = Tumba de Walter Benjamin
|nome_completo = Walter Bendix Schönflies Benjamin
|data_de_nacemento = [[15 de xullo]] de [[1892]]
|lugar_de_nacemento = [[Berlín]] {{DEU}}
|data_de_falecemento = [[26 de setembro]] de [[1940]](48 anos)
|lugar_de_falecemento= [[Portbou]] {{CAT}}
|nacionalidade = [[Alemaña|Alemá]] {{DEUb}}
Liña 13 ⟶ 14:
}}
 
'''Walter Bendix Schönflies Benjamin''', nado en [[Berlín]] o [[15 de xullo]] de [[1892]] e finado (supostamente por suicido cando estaba fuxindo da persecución nazi) en [[Portbou]] ([[provincia de Xirona]]) o [[26 de setembro]] de [[1940]], foi un [[Filosofía|filósofo]] alemán, [[sociólogo]], crítico literario e tradutor ([[Honoré de Balzac|Balzac]], [[Baudelaire]], [[Marcel Proust]] etc.) De ascendencia xudía, era cuñado de [[Hilde Benjamin]] e curmán de [[Gertrud Kolmar]] e [[Günther Anders]].
 
== Traxectoria ==
Liña 43 ⟶ 44:
 
En setembro Benjamin pasou tres meses, con outros fuxidos alemáns, nun campo de concentración preto de [[Nevers]]. Ó saír da prisión en novembro, Benjamin escribiu o seu último texto, as teses ''Über den Begriff der Geschichte'' ("Sobre o concepto da historia") e emprendeu a fuxida ós Estados Unidos. De [[Lourdes]] seguiu ata [[Marsella]] e, desde aquí tentou, sen sorte, cruzar a fronteira [[España|española]] en setembro de [[1940]]. Na noite do 26 ó 27 de setembro morreu por unha sobredose de morfina na vila fronteiriza de [[Portbou]]. As causas da súa morte seguen sen estar claras, a versión maiormente aceptada é que se suicidou para evitar a súa entrega inminente ós nazis. Outras versións suxiren que tomara morfina para aliviar unha aguda dor de cabeza. Antes da súa morte entregou unha carta de despedida a unha compañeira de fuxida, [[Henny Gurland]], para [[Theodor W. Adorno]].
[[Ficheiro:Grab Walter Benjamin.jpg|miniatura|Tumba de Walter Benjamin]]
 
A lápida de Walter Benjamin encóntrase no cemiterio de [[Portbou]], aínda que non se sabe se está alí enterrado. En [[1994]] o artista israelí [[Dani Karavan]] erixiu unha escultura inmersa na paisaxe en recordo do filósofo alemán.
A morte de Benjamin foi tamén recordada na ópera ''[[Shadowtime]]'' de [[Charles Bernstein]] (libreto) e [[Brian Ferneyhough]] (composición).