Diferenzas entre revisións de «Retron»

m
sen resumo de edición
m (→‎top: Arranxos varios, replaced: {{cite journal → {{Cita publicación periódica (6))
m
Os elementos retron teñen uns 2 kb de longo. Conteñen un só [[operón]] que controla a síntese dun transcrito de ARN que leva tres [[loci]]: ''msr'', ''msd'' e ''ret'', que están implicados na síntese do msDNA. A porción de ADN do msDNA está codificada polo [[xene]] ''msd'', a porción de ARN está codificada polo xene ''msr'', mentres que o produto do xene ''ret'' é unha reversotranscritase similar ás reversotranscritases dos [[retrovirus]] e outros tipos de retroelementos.<ref name="pmid16093702">{{Cita publicación periódica |vauthors=Lampson BC, Inouye M, Inouye S |title=Retrons, msDNA, and the bacterial genome |journal=Cytogenet Genome Res |volume=110 |issue=1–4 |pages=491–9 |year=2005 |url=http://gcat.davidson.edu/sybr-u/Lampson_2005.pdf |pmid=16093702 |doi=10.1159/000084982}}</ref> Igual que outras reversotranscritases, o retron RT contén sete rexións de [[aminoácido]]s [[conservación (xenética)|conservados]] (cos números do 1 ao 7 na figura), incluíndo unha secuencia [[tirosina|tyr]]-[[alanina|ala]]-[[ácido aspártico|asp]]-[[ácido aspártico|asp]] (YADD) moi conservada asociada co núcleo catalítico. O produto do xene ''ret'' é responsable de procesar a porción ''msd/msr'' do transcrito de ARN en msDNA.
 
Durante moitos anos despois do seu descubrimento en [[virus]] animais, críase que a [[reversotranscritase]] estaba ausente nos [[procariota]]s. Actualmente, non obstante, os elementos que codifican RT, é dicir, [[retroelemento]]s, atopáronse nunha ampla variedade de [[bacterias]]. Os retrons foron a primeira familia de retroelementos descubertos en bacterias; as outras dúas familias de retroelentosretroelementos bacterianos coñecidos son os [[intrón do grupo II|intróns do grupo II]] e os retroelementos xeradores de diversidade (DGR, do inglés ''diversity-generating retroelements'').<ref>
{{Cita publicación periódica
|vauthors=Simon DM, Zimmerly S |title=A diversity of uncharacterized reverse transcriptases in bacteria
658

edicións