Diferenzas entre revisións de «Vuelta a España 2007»

A proba ten 11 tiradas chas, 8 de media e alta montaña, 2 cronos individuais e que fan 74km, 4 chegadas no alto, 3 portos de categoría especial, 6 de 1ª categoría, 15 de 2ª caregoría e 18º de 3ª categoría.
 
A Volta ten 9 tiradas con saída inédita ([[Allariz]], [[Viveiro]], [[Langreo]], [[Calahorra]], [[Cariñena|D.O. Cariñena]], [[Oropesa]], [[Algemesí]], [[Hellín]] e [[Villacarrillo]]). Estas tres últimas vilas españolas serán ademais final inédito, a canda [[Torre-Pacheco]].
 
É a sexta vez que a Volta principia en [[Galicia]], das cales unha foi en [[Santiago de Compostela]] ([[Vuelta ciclista a España 1982|1982]]), dúas na [[A Coruña|Coruña]] ([[Vuelta ciclista a España 1989|1989]]) e ([[Vuelta ciclista a España 1993|1993]]), e tres en [[Vigo]] ([[Vuelta ciclista a España 1965|1965]], [[Vuelta ciclista a España 1967|1967]] e 2007). A Volta pasou por Galicia, con esta, en 17 das 62 edicións. Delas, 12 veces tivo chegada en Vigo ([[Vuelta ciclista a España 1936|1936]], [[Vuelta ciclista a España 1941|1941]], [[Vuelta ciclista a España 1942|1942]], [[Vuelta ciclista a España 1947|1947]], [[Vuelta ciclista a España 1960|1960]], [[Vuelta ciclista a España 1965|1965]], [[Vuelta ciclista a España 1967|1967]], [[Vuelta ciclista a España 1980|1980]], [[Vuelta ciclista a España 1987|1987]], [[Vuelta ciclista a España 1989|1989]], [[Vuelta ciclista a España 1993|1993]], 2007), e 11 saída desa cidade (as mesmas agás 1987). [[Santiago de Compostela]] foi catro veces saída ([[Vuelta ciclista a España 1942|1942]], [[Vuelta ciclista a España 1980|1980]], [[Vuelta ciclista a España 1982|1982]], [[Vuelta ciclista a España 1985|1985]]) e cinco veces chegada ([[Vuelta ciclista a España 1942|1942]], [[Vuelta ciclista a España 1982|1982]], [[Vuelta ciclista a España 1985|1985]], [[Vuelta ciclista a España 1989|1989]] e 2007).