Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m Elimino homónimos
Liña 73:
O [[2 de xullo]] de [[1776]], o [[Congreso Continental]] [[Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América|votou formalmente pola independencia e proclamou a Declaración do 4 de xullo]].<ref>{{cita web |url= http://www.history.com/this-day-in-history/king-george-refuses-olive-branch-petition|título= King George refuses Olive Branch Petition|apelido1= |nome1= |data= 2014 |website= The History Channel Website|editor= |dataacceso= 29 de novembro de 2014}}</ref> Namentres, os británicos reuniron forzas para esmagar a revolta. Sir William Howe derrotou a Washington, capturando Nova York e Nova Jersey. Porén, Washington foi quen de [[Batalla de Trenton|capturar un destacamento en Trenton]] e expulsou ós británicos fóra da maioría de Nova Jersey. En 1777 o exército de Howe lanzou unha campaña contra a capital nacional en Philadelphia, non podendo axudar á [[Campaña de Saratoga|forza de separación de Burgoyne dende o Canadá]]. O exército de Burgoyne quedou atrapado e rendeuse despois da [[Batalla de Saratoga]] en outubro de 1777. Esta vitoria americana animou a Francia a entrar na guerra en 1778, seguido polo seu España en 1779.
 
En 1778, despois de fracasar nos estados do norte, os británicos mudaron de estratexia e centráronse nas colonias do sur, onde se propoñían alistar moitos rexementos de leais. Nun principio, as forzas británicas tiveron éxito en poñer Xeorgia e Carolina do Sur baixo o seu control en 1779 e 1780, pero o apoio dos leais foi menor do agardado. En 1781, as forzas británicas movéronse cara Virxinia, pero o seu movemento foi bloqueado pola [[Batalla de Chesapeake|vitoria naval]] francesa. Washington tomou o control no [[Asedio de Yorktown|asedio franco-americano de Yorktown]] e capturou a forza completa británica, composta por máis de 7&nbsp;000 homes. A derrota en Yorktown puxo ó Parlamento Británico en contra da guerra, e a comezos de 1782 votaron o remate das operacións ofensivas en América do Norte. Porén, a guerra contra Francia e España continuou, e as tropas británicas defenderon Xibraltar contra o longo asedio franco-español, mentres a [[Royal Navy]] conseguía vitorias chave, especialmente na [[Batalla de Saintes]] en 1782. En 1783, o [[Tratado de París (1783)|Tratado de París]] rematou coa guerra e reorganizou a soberanía dos Estados Unidos sobre o territorio delimitado aproximadamente no que hoxe é Canadá polo norte, [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] polo sur e o [[río Mississippi]] polo oeste. Francia cobrou a súa vinganza e unha gran débeda nacional interna, mentres España adquiría as colonias de Gran Bretaña en Florida.<ref>Dull, ''A Diplomatic History of the American Revolution'', ch. 18.</ref><ref name="historiographical431">Lawrence S. Kaplan, "The Treaty of Paris, 1783: A Historiographical Challenge", ''International History Review,'' setembro de 1983, Vol. 5, Issue 3, pp 431–42.</ref>
 
== A sublevación das colonias británicas ==